Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O material foi financiado entre o Concello e a Xunta de Galicia, que concedeu unha subvención

- Barras olímpicas, cinta de correr curva ou bicicleta con resistencia de aire son algúns dos aparellos instalados

XimnasioEquip1

Valga, 15 de novembro de 2023.

O ximnasio municipal vén de recibir un investimento de 12.000 euros por parte do Concello e da Xunta de Galicia, que concedeu unha subvención dirixida á adquisición de novo material deportivo para modernizar e dinamizar as instalacións.

O equipamento incorporado inclúe:

  • Sete barras olímpicas: permiten traballar con grandes pesos e realizar exercicios específicos como o Hip Thrust. Empréganse, igualmente, na gaiola de parede que tamén se adquiriu.
  • Oito pares de peches para as barras olímpicas, para agarrar os discos cando se colocan nas barras.
  • Trinta e catro discos bumpers que se utilizan nas barras olímpicas.
  • Un soporte para as barras olímpicas.
  • Un soporte para os discos bumpers.
  • Gaiola funcional de parede que dispón de dous racks para press banca e catro barras para traballos con gomas.
  • Un banco plano para empregar na gaiola funcional.
  • Unha cinta de correr curva, sen motor nin gasto de electricidade. Reproduce un movemento natural á hora de correr, con menos impacto para os xeonllos e con posibilidade de variar o ritmo de carreira sen necesitade de premer ningún botón.
  • Air Bike (bicicleta con resistencia de aire), para traballo simultáneo de pernas e brazos. Conta cun ventilador que provoca a resistencia a vencer.
  • Skierg (máquina de simulación de esquí con resistencia de aire), que imita o traballo durante a práctica de esquí de fondo. Con ela realízase traballo cardiovascular con predominancia do tren superior.
  • Un banco de Hip Thrust, unha das adquisicións máis demandadas. Trátase de un dos mellores exercicios para moldear glúteos e cadeiras.
  • Un xogo de kettlebells (pesas rusas) de competición, que se empregan, por exemplo, para exercicios específicos de adestramento funcional e crosstrining.
  • Un soporte para kettlebells.

O ximnasio municipal, que se atopa no pavillón de Cordeiro, abre de luns a venres de 7:00 a 22:30 e os sábados de 10:00 a 18:00, con atención presencial de 9:30 a 12:30 e de 18:00 a 22:30. Ofrece plans de adestramentos personalizados con explicación dos exercicios, adestramentos funcionais orientados a musculación, queima de calorías, preparación de probas físicas, mellora de posturas ou prevención de lesións, entre outros obxectivos.

Con este novo material ofrecerá aos usuarios unha mellora deportiva notable. Os deportivas federados que empregan as instalacións terán máis opcións de adestramentos específicos, e os usuarios afeccionados poderán probar novas alternativas.

A programación do recinto deportivo inclúe sesións de ximnasia de mantemento, ioga, clases de tonificación, pilates, zumba, cursos de patinaxe en liña e voleibol para nenos de e mozos de 8 a 16 anos. Tamén se pode alugar a pista do pavillón polideportivo. Para máis información sobre estas actividades, o teléfono de contacto é o 619 922 911.

XimnasioEquip2 XimnasioEquip3

XimnasioEquip4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver