Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estivo acompañado no acto pola concelleira de Formación e Emprego, Carmen Gómez

- O proxecto, subvencionado pola Xunta, foi compartido cos concellos de Pontecesures, Padrón, Rois, Dodro e Rianxo

ClausuraPIE1

Valga, 14 de novembro de 2023.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Emprego e Formación, Carmen Gómez, asistiron esta mañá no Pazo de Lestrove á clausura do Programa Integrado de Emprego no que Valga participou durante o último ano xunto cos concellos de Dodro, Rianxo, Padrón, Rois e Pontecesures.

Desta iniciativa, subvencionada pola Xunta de Galicia, beneficiáronse un total de 107 persoas dos seis municipios, que melloraron a súa formación e as súas posibilidades de atopar emprego grazas á colaboración entre as administracións autonómica e locais e o tecido empresarial da contorna. Impartíronse arredor de 1.000 horas de formación, das que unhas 300 foron en formato online e o resto presenciais, con actividades en todos os concellos.

Realizáronse 33 accións colectivas, das que 21 foron cursos relacionados coa industria alimentaria, agraria, educación, procesos loxísticos, informática ou idiomas, entre outros. Tamén se desenvolveron obradoiros de busca activa de emprego, habilidades sociais e emprendemento, así como visitas a empresas. Por último, contabilizáronse 412 sesións de orientación individual.

Ao remate do PIE ou no seu transcurso lograron insertarse no mercado laboral 40 participantes.

No caso de Valga, participaron neste programa 14 persoas (o 13% do total, de conformidade co número de desempregados do municipio con respecto ao total da agrupación), das que 8 acadaron a inserción laboral: 7 por conta allea e 1 como emprendedora. Realizáronse no concello 48 sesións de orientación individual e dous cursos.

Bello Maneiro, que interveu no acto de clausura, salientou que “a formación sempre redunda na mellora do benestar dos veciños, de aí a importancia de reforzar “a colaboración entre as administracións e as empresas que, cada vez máis, demandan traballadores cunha formación específica”. Ademais, o rexedor fixo fincapé na necesidade de sortear os límites territoriais na cooperación entre administracións, coma neste caso, coa participación de concellos que, aínda que son veciños, pertencen a dúas provincias diferentes. “O río Ulla non debe supor un límite, senón un punto e conexión e de veciñanza entre todos”, dixo.

ClausuraPIE2 ClausuraPIE3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver