Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Terá lugar o vindeiro xoves, 26 de abril, a partir das 20 horas na biblioteca do centro

- Está organizada pola Rede de Convivencia Municipal, da que forman parte os Servizos Sociais do Concello, os centros educativos de Valga e as Anpas

violencia

Valga, 19 de abril de 2018.

O CEIP Baño-Xanza acolle o vindeiro xoves, 26 de abril, unha charla sobre violencia de xénero dirixida a pais e familias do alumnado, tanto deste colexio como do resto de centros educativos do municipio. Terá lugar ás 20 horas na biblioteca.

A charla-coloquio está organizada pola Rede de Convivencia Municipal, da que forman parte o departamento de Servizos Sociais do Concello, o IES de Valga, o CEIP Baño-Xanza, o CEP Xesús Ferro Couselo e as súas respectivas asociacións de pais de alumnos. Esta rede xa nos últimos meses outras actividades sobre a xestión das relacións familiares e a súa repercusión no ámbito educativo e sobre acoso escolar.

Estas charlas enmárcanse no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna.

violencia

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver