Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O prazo de inscrición amplíase ata o 30 de outubro, no teléfono 986 55 67 69 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

- O percorrido, de 16 quilómetros e dificultade baixa, mantense inamovible

 

Valga, 24 de outubro de 2023.
A ruta de sendeirismo "O Ulla, entre telleiras e outros comercios", prevista para este sábado, 28 de outubro, no marco do programa “Goza do Ulla”, aprázase debido ás previsións meterorolóxicas. O Concello adoptou esta decisión ante as elevadas posibilidades de que sexa unha xornada chuviosa e tendo en conta que, entre os máis de 140 inscritos, hai persoas que deben realizar grandes desprazamentos dende localidades coma Ourense, A Coruña ou Ferrol, entre outras.

A nova data establecida para a ruta é o día 4 de novembro, tamén sábado, manténdose inamovibles tanto o percorrido coma o lugar e hora de saída: a Mina Mercedes ás 10:00 horas.

"O Ulla, entre telleiras e outros comercios" é unha ruta circular de 16 quilómetros de lonxitude e dificultade baixa. Discorrerá pola parte máis baixa do concello, polas parroquias de Campaña e Cordeiro, visitando lugares moi vencellados ao río, coma o embarcadoiro de Santa Cristina, emprazado no lugar no que se atopaba o antigo porto de carga e descarga da empresa Novo y Sierra, á súa vez relacionado coa liña de vagonetas aéreas na que se transportaban materias primas e produtos cerámicos.

O percorrido continuará polas telleiras de Roeiro e Padín, nas que o Concello vén de realizar unha actuación para frear o seu deterioro e garantir a conservación das estruturas que ainda se manteñen en pé á beira do Ulla.

Outros dos elementos patrimoniais que visitarán os camiñantes serán a capela de San Paio de Vilar e a igrexa de Santa Comba de Cordeiro, así como a Mina Porto Piñeiro, que está a ser obxecto dunha actuación de recuperación natural.

Debido ao aprazamento matense aberto ata o día 30 o prazo de inscrición, a través do teléfono 986 55 67 69 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando nome e apelidos, DNI, teléfono e enderezo.

Goza do Ulla copia

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver