Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O vehículo estará de 12:00 a 15:00 horas xunto ao Concello e de 18:00 a 21:00 nas inmediacións do Auditorio

- As receitas combinarán produtos do mar coma berberechos ou bonito con outros da terra con denominación de orixe

GaliciasabeAmar

Valga, 8 de setembro de 2023.

A campaña Galicia sabe Amar, da Xunta de Galicia, chegará o vindeiro mércores, 13 de setembro, a Valga para promover o consumo de peixes e mariscos das rías galegas e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo. Unha das catro foodtrucks que están a percorrer Galicia e España repartirá petiscos de xeito gratuíto tanto en Pontevalga coma en Cordeiro.

O vehículo estará emprazado de 12:00 a 15:00 horas xunto ao Concello e pola tarde, de 18:00 a 21:00 horas, desprazarase ás inmediacións do Auditorio Municipal. Ofrecerá unha degustación gratuíta de petiscos elaborados con produtos certificados do mar –berberecho, bonito ou mexillón, entre outros– e outros da terra con denominación de orixe, coma fabas, mel, pementos, queixos, pan ou patacas.

Con iniciativas coma esta, a Consellería do Mar busca enxalzar a variedade e calidade dos produtos do mar de Galicia e, en xeral, a nosa gastronomía.

GaliciasabeAmar

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver