Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Unificáronse e redimensionaron aulas para atender ás necesidades do centro

- Tamén se mellorou a biblioteca e creáronse novos espazos para a actividade formativa a través do programa “Embelecer Valga”

ObrasParedesBaño1

Valga, 12 de setembro de 2023.

O CEIP Baño-Xanza deu comezo onte ao novo curso con nova imaxe interior, tralas obras de acondicionamento das paredes executadas polo Concello e que afectaron a todo o edificio de Educación Primeira, con excepción das aulas.

Corredores, escaleiras e outros espazos comúns de todas as plantas do inmoble locen adecentados unha vez rematados os traballos, que incluíron a retirada do azulexo que cubría todas as paredes. Os operarios da empresa local Pabesa Senín tamén picaron a cola e lixaron as paredes para deixalas completamente lisas e, por último, pasteáronas de novo e pintáronas de cor branca.

Outra das actuacións que se levou a cabo no colexio foi a unificación de dúas aulas, nas que antes se impartían as materias de inglés e música. Tirouse a parede que as dividía resultando unha aula moito máis grande, de case 50 metros cadrados, e adaptada as necesidades docentes, xa que nela desenvolveranse clases de danza e música.

Tamén se retiraron seis encerados que estaban incrustados nas paredes, co conseguinte arranxo e pintado das mesmas para colocar as novas pantallas dixitais.

Materiais aportados polo Concello

Ademais, nos últimos meses o centro levou a cabo diversos traballos de posta a punto de cara ao novo curso no marco do programa “Embelecer Valga”. Coa axuda de profesores, alumnos e familias e con materiais aportados polo Concello, rematouse o arranxo da biblioteca, co pintado de paredes e dotación de novo mobiliario.

Tamén se habilitou unha zona de laboratorio e ludoteca que resultou da unificación de dúas estancias. O espazo resultante conta con novo piso, novo mobiliario, unha aula sensorial e outra na que se porá en marcha a radio do colexio.

ObrasParedesBaño2 ObrasParedesBaño3

ObrasParedesBaño4 ObrasParedesBaño5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver