Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os produtos repartiranse entre veciños e familias de Valga en situación de vulnerabilidade

- Os obradoiros e showcookings foron gratuítos, pero tiñan un carácter solidario

AlimentosAgosto1

Valga, 31 de agosto de 2023.

As actividades organizadas polo Concello de Valga e por Indo e Vindo Gastronomía na terceira edición do “Agosto Gastronómico” conseguiron reunir 260 quilos de alimentos para axudar ás familias en situación de vulnerabilidade do municipio.

Fran Jamardo, Coque Fariña e Rocío Garrido, integrantes de Indo e Vindo, fixeron entrega dos alimentos ao Concello nun acto que tivo lugar no Centro de Interpretación da Caña do País e ao que asistiron a segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, e o concelleiro de Cultura, Pedro Calvo.

Os produtos non perecedoiros foron aportados polos participantes nas diferentes actividades, que eran gratuítas pero tiñan un carácter solidario. Os catro showcookings de receitas con anguía, pratos con caña e cócteles contaron cuns 120 asistentes, aos que hai que sumar outra trintena de nenos que acudiron ao obradoiro de cociña.

Entre os alimentos doados hai pasta, legumes, conservas, arroz, azucre, leite, aceite, fariña, galletas e salsa de tomate, entre outros produtos de primeira necesidade. Todos serán clasificados e almacenados polo departamento municipal de Servizos Sociais para o seu reparto entre as familias sen recursos, en situación ou risco de exclusión.

Os repesentantes do Concello agradecer tanto aos participantes e doadores coma aos cociñeiros de Indo e Vindo Gastronomía a súa solidariedade e implicación, que permitirá “axudar a moitos veciños de Valga que o necesitan”.

AlimentosAgosto2 AlimentosAgosto3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver