Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Un grupo de rapaces de entre 12 e 15 anos participaron nun obradoiro de experimentación tecnolóxica

- Realizaron circuitos eléctricos con luces Led e crearon un corto de ‘stop motion”

CemitObradoiro1

Valga, 29 de agosto de 2023.

A Aula CeMIT impartiu un novo obradoiro sobre últimas tecnoloxías dirixido á mocidade valguesa, para tratar de potenciar o desenvolvemento das competencias tecnolóxicas asociadas ás ciencias, introducindo a creatividade e empregando materiais innovadores relacionados coa arte que resulten atractivos para os participantes.

Na actividade déronse cita un grupo de mozos de entre 12 e 15 anos aos que a docente Paula Tubío explicou como funcionan os circuítos eléctricos para que, despois, eles mesmos o puxeran en práctica con figuras en papel. Ademais, divididos en grupos, tamén gravaron as súas propias curtametraxes en formato ‘stop motion”. Empregando papel, luces Led e outros materiais, crearon as súas propias personaxes coas que foron xerando movemento.

Este obradoiro forma parte dun programa de actividades impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática. O seu obxectivo é espertar vocacións tecnocienfíticas entre a mocidade e reforzar as súas capacidades en ámbitos coma a ciencia, a enxeñaría ou as matemáticas a través de obradoiros nos que aprender e experimentar.

CemitObradoiro2 CemitObradoiro3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver