Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O módulo de albanelería no acondicionamento dos vestiarios do pavillón municipal de Beiro

- Os aprendices de forestais atópanse en Xanza, realizando tarefas de poda no entorno da escola

XovenesVisita1

Valga, 22 de outubro de 2021.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Emprego, Carmen Gómez, visitaron esta semana as obras que están a realizar os participantes no Obradoiro de Emprego “Xóvenes Moraña-Valga”, un proxecto que desenvolven conxuntamente estes dous concellos e no que participan dezaseis mozos desempregados de entre 18 e 30 anos de idade.

Os representantes do Concello achegáronse ao pavillón municipal de Cordeiro, onde os aprendices da especialidade de albanelería executan traballos de mellora dos vestiarios e dos aseos. A actuación inclúe a demolición das vellas instalacións, o repicado de azulexos e plaqueta, unha nova distribución das duchas e aseos (que serán adaptados a persoas con mobilidade reducida) e a colocación de novos revestimentos.

O rexedor animou aos alumnos a realizar un último esforzo nesta recta final do Obradoiro, que ten prevista a súa clausura para o vindeiro 13 de novembro e que tivo un ano de duración. Foi cofinanciado polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91’89% a través do programa Operativo 2014-2020.

Trala visita ao pavillón, a concelleira Carmen Gómez trasladouse ata Xanza, onde o alumnado do módulo de forestais se atopa realizando labores de limpeza e poda de árbores no entorno da escola desta parroquia. Nas últimas semanas, este grupo tamén realizou traballos de acondicionamento en diversas zonas verdes e de lecer do municipio, coma o Parque Irmáns Dios Mosquera, o miradoiro de Beiro ou a Mina Mercedes.

XovenesVisita2 XovenesVisita3

XovenesVisita4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver