Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade, na que colabora o Concello, desenvólvese dende o luns no complexo deportivo de Campaña

- Trata de fomentar a práctica deportiva e tamén valores como o compañeirismo e o xogo limpo

cvCordeiro01

Valga, 26 de xuño de 2019.

O Campus de Verán que organiza o Cordeiro C.F. conta coa participación de case medio cento de nenos de entre 4 e 14 anos de idade. A actividade, que conta coa colaboración do Concello, desenvólvese dende o pasado luns nas instalacións deportivas de Campaña e clausurarase o venres 28.

Este campus, que cumpre a súa terceira edición, trata de fomentar a práctica deportiva, en concreto a do fútbol, entre os máis novos, pero tamén incentivar a súa responsabilidade e os valores da convivencia, o compañeirismo, o xogo limpo ou os bos hábitos alimentarios, entre outros

Todo isto a través de actividades de carácter eminentemente lúdico e menos esixentes que durante a temporada, co obxectivo de que os rapaces o pasen ben xuntos, convivan con outros compañeiros de diferentes idades e aprendan a respectarse.

O luns e o martes, realizaron no complexo de Campaña adestramentos e outros xogos para axudar aos nenos a desenvolver e mellorar os fundamentos técnicos e tácticos do fútbol, tanto a nivel colectivo como individual. Hoxe, debido á chuvia, as actividades trasladáronse ao Auditorio Municipal onde, por exemplo, se proxectaron algúns vídeos.

cvCordeiro02 cvCordeiro03

cvCordeiro04 cvCordeiro05

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver