O XURADO DO CONCURSO DE BELÉNS OUTORGOU O MESMO PREMIO AOS AUTORES DOS TRES NACEMENTOS PARTICIPANTES ANTE A SÚA CALIDADE

- Concorreron ao certame tres composicións obra de Bruno Bacariza, Fran e Juan Otero Lobato e Telma Dopazo e Xián Mariño

- Os premios consistiron nun roscón de Reis, un reloxo, un crebacabezas, un peto e unha bolsa de lambetadas para cada participante

concurso belen

 

 

O xurado do XVI Concurso de Beléns organizado pola Concellería de Cultura decidiu, logo de visitar os nacementos participantes, outorgar o mesmo premio aos seus autores dada a calidade parella das composicións. Tres integrantes da asociación Amigos do Belén e o concelleiro José Ángel Souto Jamardo integraron tribunal.

Os premios, consistentes nun roscón de Reis, un reloxo, un crebacabezas, un peto e una bolsa de lambetadas para cada participante, entregáronse o pasado venres, coincidindo coa Cabalgata de Reis.

Foron tres os beléns que se presentaron ao certame, un obra de Bruno Bacariza, veciño da Tarroeira,  composto de bonecas fofuchas feitas con latas de refrescos, bolas de polietileno e restos de teas e goma eva.

Fran e Juan Otero Lobato, veciños de Laxes, presentaron a o concurso un belén con estruturas de madeira, casas de cartón, algunhas delas recubertas de pedra, e figuriñas de barro. Por último, Telma Dopazo e Xián Mariño, decoraron no parque de Barcia un nacemento dunhas corenta pezas con figuras de polietileno e paos de madeira e casiñas de cartón


boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton bandos

boton youtube largo

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver