Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade terá lugar a partir das 10:30 horas e os interesados poden inscribirse chamando ao Concello ou ao Auditorio

- TokApp permite recibir información de forma directa e segura e pode descargarse no enlace https://tokapp.com/suscripciones/concello-de-valga/934158

tokapp xornada

Valga, 15 de marzo de 2019.

A Aula CeMIT celebra o vindeiro mércores, 20 de marzo, a xornada práctica “TokApp. Conecta co teu Concello”, na que se explicará como descargar e empregar a aplicación TokApp, que hai unha semana puxo en marcha o Concello de Valga para comunicarse coa veciñanza a través de smartphone ou tablet.

A actividade terá lugar ás 10:30 horas e as persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando por teléfono ao Concello (986 55 94 56) ou ao Auditorio Municipal (986 55 67 69). No mes de abril organizarase outra sesión en horario de tarde.

TokApp é unha plataforma de mensaxería instantánea que permite recibir información de forma directa, segura e respectando a privacidade e a confidencialidade esixidas pola Lei de Protección de Datos. Os cidadáns poden seguir novidades municipais a través dos grupos de subscrición que ten abertos o Concello e que, a día de hoxe, son: Actividades culturais e deportivas, Emprego e formación, Axudas e Información xeral. As persoas usuarias poderán subscribirse aos grupos que queiran a fin de recibir só a información que lles resulte de interese.

A plataforma pode descargarse de xeito totalmente gratuíto a través do enlace https://tokapp.com/suscripciones/concello-de-valga/934158 ou accedendo dende o dispositivo móbil a App Store (iOS) ou Google Play (Android), buscando “TokApp” e descargando a aplicación. Ao abrila hai que seleccionar o país e cubrir os datos para a creación do usuario e o contrasinal. A continuación, subscribirse ao Concello de Valga e, dentro desta opción, ás listas temáticas ou grupos que se consideren de interese.

Unha das principais características de TokApp é que garante a privacidade dos datos persoais, de modo que non fai falta rexistrarse cun número de teléfono e incluso existe a opción de desactivar a visibilidade do email e teléfono de forma que só sexa visible o nome de usuario empregado á hora de rexistrarse. Ademais, as mensaxes enviadas a múltiples destinatarios realízanse de maneira privada e as respostas non son visibles a outros usuarios.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver