Accessibility Tools

𝘼 𝙀𝙎𝘾𝙊𝙇𝘼 𝘿𝙀 𝙄𝘿𝙄𝙊𝙈𝘼𝙎 𝙋𝙀𝘾𝙃𝘼 𝙊 𝘾𝙐𝙍𝙎𝙊 𝘾𝙊𝘼 𝙀𝙉𝙏𝙍𝙀𝙂𝘼 𝘿𝙀 𝘿𝙄𝙋𝙇𝙊𝙈𝘼𝙎 𝘼𝙊 𝘼𝙇𝙐𝙈𝙉𝘼𝘿𝙊

- O alcalde e a concelleira de Educación animaron a nenos e adultos a seguir aprendendo linguas estranxeiras, cada vez “máis importantes”

- O acto, ao que tamén asistiron as familias, celebrouse no Auditorio Municipal

DiplomasIdiomas3

Valga, 19 de xuño de 2026.

A Escola Municipal de Idiomas celebrou onte o acto de entrega de diplomas co que se pecha o curso 2025/2026. Celebrouse no Auditorio Municipal coa participación do alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Educación, Carmen Gómez, a mestra Sara Cadarso, en representación do Centro Waterford, que se encarga de impartir as clases de inglés en Valga dende fai máis dunha década.

Os alumnos, con idades variadas entre Educación Primaria ata adultos, recibiron os diplomas que recoñecen o esforzo realizado e os coñecementos adquiridos durante o ano académico. Na súa intervención, o alcalde incidiu na enorme importancia que ten a aprendizaxe de linguas estranxeiras hoxe en día: "É fundamental para o voso futuro, xa que cada vez os idiomas son máis demandados para todo tipo de traballos", asegurou Bello Maneiro dirixíndose aos estudantes.

O alcalde aproveitou tamén para lanzar unha mensaxe de motivación tanto aos máis novos coma á poboación adulta do municipio, animándoos a continuar con esta aprendizaxe, para a que “nunca é tarde”.

Pola súa banda, a docente Sara Cadarso felicitou ao alumnado por acadar todos os obxectivos propostos para este curso. Destacou, de xeito especial, “a constancia, a boa actitude e o comportamento” dos estudantes e agradeceu ao Concello “ colaboración ano tras ano para que esta actividade se desenvolva con éxito2

Antes de desexarlles a todos un moi bo verán, tanto a mestra coma o alcalde coincidiron en facer unha mención moi especial ás familias. Recoñeceron o papel crucial dos pais e nais que apostan pola formación dos seus fillos, o cal "supón un esforzo tanto económico coma organizativo para traelos cada día ás clases".

DiplomasIdiomas2 DiplomasIdiomas1