- Na primeira campaña deste ano participaron dúas persoas que doaban por vez primeira

- O autobús estivo durante a mañá en Pontevalga e pola tarde desprazouse a Cordeiro

sangue

Valga, 9 de xaneiro de 2018.

A unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, dependente da Consellería de Sanidade, que durante a xornada de onte se desprazou a Valga dentro da súa campaña “Súmate, doa sangue” acadou no municipio un total de 40 doazóns. Dúas delas corresponderon a persoas que doaban por vez primeira. O autobús estivo durante a mañá en Pontevalga, emprazado diante do Concello, e pola tarde desprazouse a Cordeiro, nas inmediacións do Auditorio Municipal, para facilitar que os veciños das distintas parroquias se achegasen a doar.

Tanto a Axencia Galega do Sangue como o Concello de Valga agradecen aos doantes a súa solidariedade, xa que pode axudar a salvar vidas. Estas campañas tratan de informar e sensibilizar sobre a importancia deste acto altruísta para para cubrir as necesidades dos hospitais galegos, que atenden cada día unha media de 2.700 urxencias, máis de 500 intervencións cirúrxicas e tres transplantes de órganos e tecidos. O obxectivo é acadar as 100.000 doazóns cada mes, cifra que precisan os hospitais para atender a todos os enfermos.

Neste sentido, hai que ter presente que de cada doazón de sangue obtéñense tres compoñentes (glóbulos vermellos, plasma e plaquetas) que adoitan utilizarse por separado, de maneira que unha doazón pode beneficiar a máis dun paciente. Enfermos que se teñen que operar, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro ou leucemia ou se teñen que someter a transplantes de órganos son os principais receptores das doazóns. Unha intervención cirúrxica pode precisar dúas bolsas de glóbulos vermellos e nalgúns accidentes de tráfico e transplantes de fígado chégase a utilizar o sangue que doan dez ou vinte persoas.

boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton youtube largo

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver