Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Na décima edición do campionato participaron 306 karatekas de 22 clubs de Galicia e Portugal

- O concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, participou na entrega de medallas e felicitou ao club local polo éxito

XKarate1

Valga, 9 de marzo de 2026.

O pavillón de Beiro foi esta fin de semana o epicentro da actividade deportiva en Valga. Alí congregáronse máis de 300 deportistas que participaron no X Campionato de Karate, unha cita que se desenvolveu na xornada do sábado con karatekas de 22 clubs chegados dende toda a xeografía galega e tamén do norte de Portugal.

Durante a mañá disputáronse os encontros das categorías superiores (cadete, júnior e sénior) e, pola tarde, foi a quenda de prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e xuvenís.

En representación do Concello asistiu o concelleiro de deportes, Manuel Ferreiro, que participou na entrega de medallas e aproveitou para felicitar ao Club Karate de Valga non só pola organización do Campionato senón tamén polo labor que realiza para o fomento da práctica deportiva. Conta con 70 deportistas federados nas súas tres escolas de Valga, Lavacolla e Casa Agraria en Santiago.

No torneo do sábado, o Club Karate de Valga participou cunha delegación de 45 deportistas e, por primeira vez nestas dez edicións, acadou o primeiro posto no medalleiro, cun total de 20 metais: 6 ouros, 4 pratas e 10 bronces:

Foron campións:

  • Noa Sánchez en Kata Alevín
  • Carmen Rodríguez en Kata Xuvenil
  • Carla García en Kumite Alevín <32
  • Leo Otero en Kumite Xuvenil <42
  • Matilda Alonso en Kumite Xuvenil >52
  • Ana Otero en Kumite Sénior <61

Subcampións:

  • Ana Otero en Kata Sénior
  • Noa Sánchez en Kumite Alevín <32
  • Julia Rial en Kumite Alevín >32
  • Mateo Vigo en Kumite Xuvenil <42

Medallas de bronce:

  • Mario Mare en Kata Benxamín
  • Lía Sánchez en Kata Benxamín
  • Artai Valiña en Kumite Alevín Open
  • Marta Leis en Kumite Alevín <32
  • Iñaki Vázquez en Kumite Infantil >40
  • María Ángeles Diego en Kumite Infantil >42
  • Vera Beiroa en Kumite Infantil >42
  • Carmen Rodríguez en Kumite Xuvenil <42
  • Icia Reboiras en Kumite Xuvenil <52
  • Lucía Touceda en Kumite Júnior Open

XKarate2 XKarate3

Volver