- Desenvolveranse os días 30 e 31 de marzo e 1, 2 e 6 de abril
- Nas actividades poden participar nenos e mozos de 3 a 16 anos, cun total de 30 prazas por xornada

Valga, 4 de marzo de 2026.
O Concello ofrece ás familias valguesas unha alternativa de conciliación para o período de Semana Santa, unhas xornadas dirixidas a nenos e mozos de 3 a 16 anos, que realizarán actividades lúdicas e educativas en horario de mañá (de 10:00 a 14:00) no Auditorio Municipal. Serán os días 30 e 31 de marzo e 1, 2 e 6 de abril.
Cada xornada contará cun mínimo de dez participantes e un máximo de 30, que se cubrirán por orde de inscrición. O prazo para anotarse estará aberto ata o 20 de marzo, entregando a folla cuberta no rexistro do Concello, presentándoa a través da Sede Electrónica ou enviándoa ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A folla pode descargarse na páxina web municipal, a través da ligazón en https://valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes.
O prezo é de 5 euros por xornada para os participantes empadroados en Valga e de 7’5 para os non empadroados. Establécense bonificacións do 20% nos seguintes casos:
- Familias co título de familia numerosa.
- Familias monoparentais.
- Participantes con discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Familias con dous ou máis fillos inscritos.
Tamén se fixan bonificacións do 100% do prezo para famlias en situación de vulnerabilidade usuarias dos Servizos Sociais municipais e familias acolledoras de menores.
O pago realizarase unha vez se publiquen as listas de participantes admitidos.








