Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Coa súa forza, dignidade e valentía desempeñaron un papel fundamental dentro das súas familias e comunidades

- O acto de homenaxe celebrarase o día 13 de marzo no Auditorio Municipal

ProcesiónLacóns26 1

Valga, 24 de febreiro de 2026.

Cada ano, para conmemorar do Día Internacional da Muller, o Concello realiza unha homenaxe a mulleres valguesas co obxectivo de enxalzar o seu papel na sociedade e reflexionar sobre os logros alcanzados na loita pola igualdade de xénero e sobre o traballo que aínda que por diante para que esta igualdade sexa real en todos os ámbitos sociais.

Este ano as homenaxeadas son as porteadoras de cestas que, con enorme esforzo, dignidade e valentía desempeñaron un papel fundamental dentro das súas familias e comunidades.

As mulleres que transportaban mercadorías ou útiles de traballo sobre as súas cabezas representaban a fortaleza, a resistencia e o compromiso co seu traballo e coas súas familias. A súa dedicación foi imprescindible para o funcionamento de moitas economías locais, especialmente en contextos onde a mobilidade e o acceso aos recursos eran limitados.

Cómpre salientar tamén a admiración que espertaba velas camiñar con habilidade e equilibrio, mantendo enormes cestas cargadas sobre as súas cabezas. Unha imaxe que aínda hoxe podemos rememorar en procesións ou romarías, onde as mulleres se converten novamente en porteadoras, levando con orgullo produtos típicos e ofrendas. A Procesión dos Lacóns, que anualmente se celebra na parroquia de Cordeiro no Día da Candeloria, é un exemplo e constitúe un recordatorio do legado cultural que representan estas mulleres e da importancia do seu labor na preservación das tradicións comunitarias.

O acto de recoñecemento celebrarase o venres, 13 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio Municipal.

As propostas de homenaxeadas poden facerse chegar ao Concello presencialmente nas oficinas municipais ou a través dos números de teléfono 986 55 94 56 (extensións 2017, 2019 ou 2021) ou 621 204 615.

Andaina entre Valga e Pontecesures

Ademais, como parte da programación conmemorativa do Día da Muller, o Concello e o Centro de Información á Muller (CIM) organizan, conxuntamente con Pontecesures, unha andaina aberta a todos os públicos que terá lugar o 8 de marzo, con saída ás 10:00 horas dende o CODI (Baño).

A actividade, que é gratuíta, está aberta a todos os públicos e o percorrido será de 13 quilómetros, con dificultade media-baixa.

A inscrición pode realizarse presencialmente nos dous concellos ou no CODI, a través do correo electrónico (descargando a folla en https://valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes e enviándoa cuberta ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) ou mediante o código QR que aparece no cartel.

Andaina8m26

Volver