Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Máis de vinte persoas participaron na actividade, na que se converteron en detectives para resolver un ciberataque

- O taller tamén incluíu unha formación teórica sobre como protexerse ante posibles estafas

DetectivesDixitais1

Valga, 10 de febreiro de 2026.

Hoxe, 10 de marzo, conmemórase o Día da Internet Segura, unha xornada que se celebra dende o ano 2004 na Unión Europea e á que, nesta ocasión, se sumou a Aula CeMIT de Valga desenvolvendo unha actividade enfocada no uso responsable, seguro e crítico das tecnoloxías.

Tratouse dun obradoiro de ciberseguridade con máis de vinte inscritos e que incluíu, primeiro, unha charla formativa sobre seguridade en internet e, despois unha práctica na que os participantes se converteron en detectives dixitais intentando resolver un ciberataque.

Na primeira parte, a formadora Laura Pérez, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), faloulles sobre algunhas das ameazas e perigos aos que están expostos como usuarios da rede. O obxectivo era o de concienciar sobre os diferentes tipos de estafas, moitas delas mediante chamadas, correos ou mensaxes, e informar sobre como protexerse ante elas.

A continuación, a formadora plantexou un caso práctico no que unha internauta era vítima dun ataque que incluía suplantación de identidade e publicacións falsas en redes sociais, roubo de datos persoais e unha compra fraudulenta.

Os participantes do obradoiro levaron a cabo unha investigación para identificar ao ciberdelincuente a través da información extraída dos metadatos de imaxes ou de publicacións en redes.

DetectivesDixitais2 DetectivesDixitais3

Volver