Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade é organizada polo Concello para promover o envellecemento activo e as relacións sociais entre a veciñanza

- Os participamentes traballarán o desenvolvemento cognitivo de forma lúdica e tendo en conta os seus intereses

ObradoiroMemoria25 1

Valga, 18 de novembro de 2025.

As actividades para promover o envellecemento activo dirixidas a persoas maiores de 55 anos deron comezo esta mañá co obradoiro de memoria e estimulación cognitiva, no que están inscritas un total de 38 persoas divididas en dous grupos. As sesións, que se desenvolverán os martes no Auditorio Municipal e no CODI, están orientadas a traballar o desenvolvemento cognitivo dunha forma lúdica e sempre tendo en conta os intereses e necesidades dos participantes.

O obxectivo é axudalos a frear ou reverter a progresiva perda da memoria a través de exercicios e xogos que contribúan a estimular e adestrar o cerebro e, deste xeito, axuden a un maior benestar e calidade de vida dos participantes.

A xornada inaugural serviu de toma de contacto para coñecer a os participantes e saber cales son as súas expectativas e intereses. Despois realizaron exercicios de cálculo, traballaron a linguaxe con palabras para ordenar alfabeticamente e a concentración, cunha sopa de números e letras na que tiñan que localizar os caracteres numéricos.

ObradoiroMemoria25 2       ObradoiroMemoria25 3

Volver