Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Teñen rosca adaptable aos diferentes tipos de botellas

- Entregaranse nas campañas informativas sobre reciclaxe e tamén poden solicitarse nas oficinas municipais

 EmbudosAceite1

Valga, 6 de setembro de 2025.

O Concello vai levar a cabo un reparto entre a veciñanza de 1.000 embudes para promover a reciclaxe de aceite usado de cociña.

Trátase dunha iniciativa do departamento de xestión de residuos co obxectivo de concienciar á poboación sobre a necesidade de acabar con prácticas coma as de tirar o aceite polo inodoro ou polo vertedoiro, xa pódense formar bolas de graxa que atasquen as tubaxes, increméntase os custos da depuración de augas residuais e do mantemento da rede pública de alcantarillado. Ademais, cáusanse danos ao medio ambiente, xa que un litro de aceite contamina 1.000 litros de auga.

Por iso, dende o Concello quere poñer énfase na importancia de reciclar o aceite vexetal de uso doméstico e facilitaranse aos veciños embudes con adaptador rosca para colocar en botellas de plástico e verter nelas o aceite. Cando a botella está chea, quítase o funil, péchase co tapón e deposítase nos contedores de cor laranxa que o Concello ten distribuídos por diferentes zonas do municipio.

Os embudes entregaranse de xeito gratuíto nas mesas informativas que está previsto realizar proximamente e tamén nas visitas de control aos composteiros domésticos. Ademais, os veciños poden solicitalos nas oficinas municipias.

As mil unidades foron adquiridas cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente, a través dunha orde de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para implantación de recollida separada de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles, cofinanciada polo Fondo Europeo de Recuperación e Resiliencia da UE. O investimento realizado foi de 710 euros, dos que 639 se corresponden coa subvención e os restantes foron aportados polo Concello.

 

EmbudosAceite2

Volver