Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Coñeceron as instalacións e a actividades formativa que desenvolve está entidade compostelana

- A dirección do Obradoiro está a traballar na futura inserción laboral dos aprendices

IMG 20251004 WA0005

Valga, 4 de octubre de 2025.

O alumnado de albanelería do Obradoiro de Emprego "Xóvenes" participou nunha visita formativa ás instalacións da Fundación Laboral da Construción, en Santiago. Acompañounos a directora do proyecto, Mª Carmen Vidal.

Recibíronos unha orientadora laboral e un técnico de emprego, que guiaron ao grupo polas instalacións da Fundación, unha antiga curtiduría en Pontepedriña de Arriba, nas marxes do río Sarela, que foi rehabilitada completamente. Explicáronlles todo o proceso de rehabilitación, na que mantiveron a tipoloxía construtiva da zona adaptando as instalacións ás súas necesidades.

Ademais, asistiron a un taller no que se imparten clases de albanelería a alumnos con contrato de formación.

Antes de finalizar a visita, participaron nunha sesión de orientación cos técnicos da Fundación, que lles explicaron as actividades formativas que esta entidade desenvolve dende a súa fundación e algunhas das técnicas máis vangardistas que se empregan neste sector. Tamén informaron ao alumnado do Obradoiro sobre a bolsa de emprego que xestionan e na que se tramitan moitas ofertas relacionadas coa construción.

Dende a dirección do Obradoiro de Emprego xuvenil, conxuntamente cos concellos de Moraña, Valga e Portas, estase a traballar na futura inserción laboral do alumnado, realizando contactos con diferentes empresas.

Este proxecto, cunha duración de 12 meses, está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027.

IMG 20251004 WA0006

Volver