Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Poden aportarse prendas tanto de adulto coma infantís, calzado e tamén roupa de cama

- A entrega debe realizarse no CODI os días laborables, preferiblemente en horario de 9:00 a 14:00 horas

 

Valga, 30 de setembro de 2025.

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Valga pon en marcha unha campaña solidaria de recollida de roupa usada para ser doada a persoas e familias do municipio en situación de vulnerabilidade económica e social.

As persoas que queiran colaborar deben entregar as prendas no CODI, en Baño, de luns a venres, preferiblemente en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén pode chamarse aos teléfonos 636 757 969 ou 986 154 023 para concertar outra hora de entrega. Acéptanse doazóns de todo tipo de roupa e calzado, tanto de adulto coma infantil, que deben estar en bo estado. Ademais, tamén pode aportarse roupa de cama: mantas, colchas, sabas...

Todo o recollido será clasificado e despois distribuído polos Servizos Sociais municipais entre a poboación necesitada. Deste xeito, ademais de axudar a persoas sen recursos económicos ou en risco de exclusión, tamén se promove o aproveitamento e o consumo sostible, dando saída a prendas e materiais que xa non son empregados polos seus actuais donos e garantíndolle un novo uso por parte de quen máis o necesita.

RecollidaRoupa

Volver