Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os premios do Concurso da Caña entregáronse onte durante a Festa da Anguía e Mostra da Caña do País

- Antonio Rodríguez García, Josefina Santiago Figueira e José Manuel Rodríguez Cerneira foron os gañadores

CanhaGanadores25

Valga, 31 de agosto de 2025.
O Concurso da Caña do País coñeceu onte sábado, no transcurso da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, aos gañadores da súa trixésimo quinta edición. Produtores das parroquias de Setecoros, Xanza e Campaña repartíronse os premios ás mellores augardentes, nas variedades branca, de herbas e tostada.

Foron trinta e catro os licores que se presentaron ao certame, dos que dezanove pasaron á cata final: oito na modalidade branca, cinco na de herbas e seis tostadas. Exerceron como catadores Juan Carlos García Busto, Ricardo Abuín Mariño, Mª Luisa Vázquez Tubío, Francisco García Carballeira e Mª Elena Cerneira Santiago, que valoraron as augardentes en base ao seu sabor, olor e cor.

A mellor caña branca, gratificada con 500 euros, foi a presentasda por Antonio Rodríguez García, de Casal de Eirigo (Setecoros). En segundo lugar clasificouse José Ángel Barros Busto, de Campo (Xanza).

Na modalidade de herbas o primeiro premio (300 euros) foi para Josefina Santiago Figueira, de Senín (Xanza), e o segundo lugar ocupouno José Manuel Rodríguez Cerneira, de Coto (Campaña).

Por último, os produtores galardoados na variedade de caña tostada foron José Manuel Rodríguez Cerneira (ao que corresponden 300 euros do primeiro premio) e Jorge Rodríguez Blanco, os dous do lugar de Coto.

Volver