Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os operarios están a retirar árbores caídas e nos cauces do Louro, Valga e un terceiro regato

- As actuacións tamén inclúen a eliminación de especies invasoras

 20250622 ObraConservacionFluvialValga

Valga, 24 de xuño de 2025.

A Consellería de Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e mantemento en tres tramos de río que suman máis de dez quilómetros.

As tarefas, que se desenvolven en varias parroquias, consisten na retirada de árbores caídas e biomasa presente na canle fluvial para evitar atoamentos, na roza puntual e selectiva das zonas de acceso ás canles así como na eliminación de especies exóticas invasoras presentes na contorna.

Os traballos prolongaranse arredor de 16 semanas e realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoiras ao tempo que se contará co apoio doutra maquinaria de maiores dimensións, como unha carretilla de carga e un tractor.

As actuacións céntrase en máis de 4,8 quilómetros do río Louro ao seu paso polas parroquias de Cordeiro, Setecoros e Xanza. Nesta última parroquia tamén se actuará no río Valga, no que se levarán a cabo traballos ao seu paso por Campaña e San Miguel. En total, serán preto de 4,5 quilómetros. A maiores, traballarase en preto de 800 metros dun río innominado nos lugares de Fontenlo e Pedreira.

Estes tramos fluviais quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das augas.

Volver