Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O distintivo recoñece a suá participación nas tarefas de axuda e recuperación tralos catastróficos efectos da DANA

- Tres voluntarios valgueses estiveron, en outubro de 2024, nas localidades de Alfafar, Paiporta e Picaña

LogoPC

Valga,  5 de xuño de 2025.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, vén de conceder á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Valga a Medalla de Prata ao mérito de Protección Civil da comunidade autónoma de Galicia. Esta distinción honorífica supón un recoñecemento da súa participación nas tarefas de axuda tralos catastróficos efectos da DANA en Valencia, contribuíndo a mitigar os danos, prestando auxilio á poboación e cooperando na recuperación das zonas afectadas polas inundacións.

Tres voluntarios valgueses (o responsable da agrupación, José Manuel Otero “Camaño”, Alberto Otero e Juan Jesús Santalla)  desprazáronse á Comunidade Valenciana en outubro de 2024 como parte do continxente coordinado pola Xunta de Galicia, desprazando tamén un vehículo e un remolque de intervención con materiais de achique, excarcelación, iluminación e outros equipos e materiais.

Realizaron intervencións nas localidades de Alfafar, Paiporta e Picaña, consistentes en achiques en garaxes, baixos e ascensores, recollida de enseres e limpeza de rúas e medicións de gases, entre outras.

Volver