Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estudantes de Secundaria do IES de Valga participaron no certame, convocado polo Servizo de Normalización Lingüística

- A orixinalidade, a imaxinación e a calidade literaria foron algúns dos criterios valorados polo xurado

IMG 20250516 133324

Valga, 16 de maio de 2025.

O Concurso de Microrrelatos organizado polo Servizo municipal de Normalización Lingüística con motivo da celebración do Día das Letras Galegas xa ten gañadores.

Na primeira categoría, dirixida a alumnado de 1º e 2º da ESO, a gañadora foi Andrea Herrero Suárez, co relato "A meiga Chuchona", mentres que o segundo posto recaeu en Paula Pérez Verde, con "A verdade da bruxa Maruxaina". Estes premios están dotados con 80 e 40 euros, respectivamente. Nesta categoría as obras, ademais de estar redactadas en galego, debían ter unha extensión de entre 250 e 350 palabras, con temática libre, pero tendo como protagonista a algún personaxe da mitoloxía galega.

Na segunda categoría, na que podían participar alumnos de 3º e 4º de ESO, o 1º premio de 100 euros é para Isaac Barros Blanco, que presentou o microrrelato “Xesús Ferro Couselo”. A segunda obra máis valorada foi "Luis e a súa libraría", escrito por Ángel Figueira Eiras, que levará unha gratificación de 50 euros. Nesta categoría, os relatos debían ter unha extensión entre 350 e 500 palabras e o protagonista debía ser ser un personaxe das obras dalgún dos autores homenaxeados no Día das Letras Galegas dende a súa instauración.

Á hora de elixir os mellores relatos, o xurado tivo en conta a orixinalidade, a creatividade, a imaxinación e a calidade literaria, entre outros aspectos.

Os premios foron entregados os actos da Carreira pola Lingua celebrados onte pola comunidade educativa valguesa para conmemorar o Día das Letras Galega.

IMG 20250516 133133 IMG 20250516 133343

 

IMG 20250516 133311 

Volver