- Coñeceron por dentro o funcionamento da factoría e comprobaron como se fabrican distintos tipos de taboleiros de madeira
- Vinte persoas desempregadas de Valga, Moraña e Portas reciben formación neste obradoiro, co obxectivo de insertalos no mercado laboral
Valga, 13 de maio de 2025.
Os dez alumnos da especialidade de carpintería do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia, que comparten os concellos de Valga, Portas e Moraña, participaron nunha visita formativa a Finsa, en Padrón, para coñecer por dentro o funcionamento dunha factoría dedicada ao sector madeireiro. Estiveron acompañados polo experto docente da especialidade, José Oliveira, e o director do Obradoiro, Francisco Gómez.
Durante a visita guiada á factoría situada á beira do Ulla, os aprendices coñeceron o proceso de fabricación de varios tipos de taboleiros de madeira e as diferentes solucións adaptadas ás necesidades de cada cliente. Por exemplo, puideron comprobar como se fabrica madeira que empregan nas obras que realizan como parte práctica do Obradoiro. No caso de Valga, xa executaron actuacións coma a renovación do piso e das varandas do pantalán da praia fluvial de Vilarello ou a substitución dun tramo de balaustrada na contorna da igrexa parroquial de Cordeiro.
Concretamente, foi Patricia, a responsable de recursos humanos de Finsa, a encargada de recibir ao grupo, explicándolles o proceso de elaboración e transformación da materia prima e tamén de control de calidade. Ademáis, pudieron ver mostras de produtos elaborados.
Os aprendices tamén recibiron información sobre como facerlle chegar os seus currículos á empresa, de cara a unha futura inserción laboral.
Este Obradoiro de Emprego, que deu comezo a finais de 2024, ten unha duración de nove meses, un tempo no que se están a formar unha vintena de persoas desempregadas nas especialidades de carpintería e traballos forestais.