Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os festexos, que terán lugar o sábado 26, inclúen teatro, o concerto de De Vacas e unha cea campestre

- O programa incorpora o asalto á capela, un espectáculo de luces e fogos

Valga1809

Valga, 17 de maio de 2018.

Casaldeirigo rememora o vindeiro 26 de maio, sábado, a batalla da Guerra da Independencia que se librou no lugar hai 209 anos. A recreación da contenda, que enfrentou aos veciños da zona co exército de Napoleón, reunirá nos arredores da Capela da Saúde a uns douscentos figurantes que revivirán a cruenta pero desigual loita na que as alarmas locais demostraron a súa ousadía e valor para, con armas improvisadas e rudimentarias, facer fronte ás preparadas tropas francesas.

As alarmas de Valga non estarán soas na batalla, senón que lle chegarán reforzos doutras zonas de Galicia. En Casaldeirigo estarán tamén alarmas de Pontecaldelas, Pontesampaio e San Antoniño de Mos, arroupados por outros colectivos participantes como o grupo de Entroido “Os da Troula”, a asociación Casco Vello de Vigo ou a asociación Cabalar e Cultural de Valga, baixo a organización do Concello e da asociación Heroes de Casaldeirigo.  

As actividades darán comezo ás 17 horas co desfile cara as inmediacións da Capela da Saúde, onde terá lugar a recepción de todas as forzas participantes. O alcalde, José María Bello Maneiro, pasará revista ás tropas antes do izado das bandeiras e da homenaxe aos caídos.

A actuación de Cantos de Taberna e das Pandereteiras Virxe da Saúde e a degustación gratuíta de rosquillas precederán a outra das citas salientables da tarde, a representación teatral da obra "A memoria da terra”, coa que Iria Esperón Abril se proclamou gañadora do Premio de Teatro A Guerra da Independencia en Valga

Ás 20 horas comezará a actuación musical estelar da xornada, a cargo do cuarteto de voces e guitarra De Vacas que interpretarán un repertorio divertido e versións cheas de retranca, entre elas o “Amodiño”, a súa particular revisión do “Despacito” coa que acadaron o éxito. Tralo concerto, será o turno de Troula Animación co espectáculo “Personaxes de lume”.

Durante toda a tarde haberá actividades e obradoiros para os máis pequenos. E xa entrada a noite desenvolverase unha das actividades novidosas do programa: o asalto á capela, un espectaculo de luces e fogos.

Unha cea campestre e as actuacións de Caché e Nueva Era pecharán as actividades festivas. Para participar na cea é preciso inscribirse no Concello ou a través do colectivo Heroes de Casaldeirigo. O prazo remata o vindeiro luns e o prezo é de 18 euros por persoa. Tralo ágape sortearanse agasallos doados por asociacións e casas comerciais da zona.

 

Cartel Batallaa

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver