- As xornadas, organizadas polo servizo de formación e emprego do Concello, comezaron o pasado venres

- Impártense en sesións semanais ata sumar unha duración total de trinta horas

Dependencia

Valga, 16 de abril de 2018.

Unha vintena de persoas participan dende o pasado venres nas xornadas sobre “Atención sociosanitaria a persoas dependentes” que se imparten no Auditorio Municipal. A actividade formativa, organizada polo Servizo de Formación, Orientación e Emprego do Concello, terá unha duración de trinta horas e prolongarase ata o 22 de xuño con sesións semanais fixadas os venres ás 20 horas.

Os asuntos que se abordarán no transcurso das xornadas inclúen:

  1. 1. ASEO E HIXIENE DA PERSOA DEPENDENTE: familiarizar ás persoas participantes coas características e necesidades de coidados hixiénicos das persoas maiores e/ou dependentes, coas técnicas de aseo persoal e hixienización da cama.
  2. 2. AXUDA Á DEAMBULACIÓN, TRASLADO DA PERSOA DEPENDENTE EN CADEIRA DE RODAS EN ENTORNOS NON ACCESIBLES: familiarizar ás persoas participantes co uso de muletas, andadores, cadeira de rodas e outras axudas técnicas para a deambulación e o emprego destas en entornos non accesibles como escaleiras, beirarrúas, pendentes, etc.
  3. 3. POSICIÓNS ANATÓMICAS E MOBILIZACIÓNS DA PERSOA ACAMADA: familiarizar ás persoas participantes coas posicións anatómicas na cama e coas técnicas de mobilización da persoa acamada para a prevención de lesións e riscos na persoa coidadora.
  4. 4. MOBILIZACIÓN E TRANSFERENCIAS DA PERSOA ACAMADA CON GRÚA XERIÁTRICA: familiarizar ás persoas participantes co funcionamento e o uso da grúa xeriátrica para mobilizacións e transferencias básicas da persoa acamada. 
  5. 5. ÚLCERAS POR PRESIÓN NA PERSOA DEPENDENTE. PREVENCIÓN E TRATAMENTO: familiarizar ás persoas participantes cos tipos de úlceras por presión, curas, tratamento, incidindo de maneira significativa nas medidas para evitar que se produzan e na vixiancia para detectar os primeiros síntomas.
  6. 6. A DIABETE. PRECAUCIÓNS E ACTUACIÓNS CO USUARIO DIABÉTICO: familiarizar ás persoas participantes coa diabete e a actuación diaria domiciliaria coas persoas dependentes afectadas por esta doenza.
  7. 7. A COMUNICACIÓN E O TRATO COA PERSOA DEPENDENTE. TÉCNICAS DE MODIFICACIÓN DE CONDUTA: familiarizar á persoa coidadora coas pautas de comunicación básicas e as técnicas de modificación de conducta para poñer en práctica con usuarios do servizo que presenten condutas inapropiadas que dificultan o traballo diario no domicilio.

boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton bandos

boton youtube largo

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver