Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Valentina Ferro, Sara Perojo e Mª del Mar Touriño son as artífices desta iniciativa

- Confeccionaron varias guirnaldas con ramas de árbores, bolas de cores e luces e colocáronos nos camiños e quinteiros

NadalBarro

Valga, 18 de decembro de 2020.

Tres veciñas de Barro (Cordeiro) levaron a cabo unha fermosa iniciativa para festexar este Nadal tan particular que se aveciña. Valentina Ferro, Sara Perojo e Mª del Mar Touriño, veciñas porta con porta, fabricaron a man adornos que despois colocaron pola aldea para contribuír a dar un toque de ledicia e ilusión a estas datas marcadas, coma practicamente todo o 2020, pola pandemia e as restricións sanitarias.

“Parecía un Nadal tan triste que quixemos darlle un pouco de alegría á aldea”, confirma Sara Perojo. “Eu xa fixera unha guirnalda para colocar na miña casa e a elas (ás súas veciñas) gustoulle moito. Así ocorréusenos facer máis e colocalas nos postes da luz”. Dito e feito. Empregaron materiais naturais, coma ramas de loureiro, abeto, camelia e piñeiro, cos que confeccionaron seis guirnaldas ás que despois engadiron bolas de cores, lazos e luces que pola noite iluminan os camiños e quinteiros.

Comezaron os traballos a pasada fin de semana e o mércores colocaron os adornos. “Os veciños están encantados e a toda a xente que vén pola aldea gústalle moito, sobre todo as luces que pola noite quedan moi bonitas”, comentan as artífices da decoración, sobre a que destacan que todos os materiais son reciclables ou reutilizables. Cando pasen as datas festivas, desmontarana e os restos vexetais acabarán nos composteiros domésticos cos que xa contan nesta zona, mentras que as bolas e lazos gardaranas para o próximo Nadal.

NadalBarro2 NadalBarro3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver