Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Supoñen “un salto importante” no equipamento do centro, indica o director Manuel Villar

- Serán empregados polo alumnado para o traballo e a práctica nas aulas

PianosCSM1

Valga, 15 de novembro de 2019.

O Centro Superior de Música de Valga (CSM Galicia) vén de ampliar a súa dotación instrumental coa adquisición de tres pianos de cola. Trátase de dous Yamaha G3 e un Yamaha C3, fabricados en Xapón, que acadan os 186 centímetros de largo. O ancho é o estándar de 150 centímetros.

Os novos instrumentos foron recibidos onte e quedaron emprazados en senllas aulas de estudo para o seu uso por parte do profesorado e o alumnado tanto da Escola de Música como do Centro Superior. “Trátase de instrumental profesional que estará a disposición dos alumnos para a práctica e o traballo nas aulas”, indica Manuel Villar Touceda, director do CSM Galicia e da Escola Municipal de Música.

Esta mellora do material instrumental supón “un salto importante” para o centro e para o alumnado, que terá a garantía de contar cun equipamento de nivel durante a súa etapa formativa e “poderá practicar cun piano similar aos das salas de concertos”, engade o director.

PianosCSM2 PianosCSM3

PianosCSM4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver