Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Investiranse neste proxecto 363.782 euros do programa provincial Plan Concellos 2019

- As empresas teñen de prazo para presentar ofertas ata o día 4 de marzo

asfaltadoviais3

Valga, 19 de febreiro de 2019.

O Concello de Valga saca a contratación un novo proxecto de mellora e pavimentación de estradas de titularidade municipal.

Investiranse un total de 363.782’46 euros do programa provincial Plan Concellos 2019 para actuar nunha vintena de viais das cinco parroquias. Cinco atópanse en San Miguel de Valga (Cedelo, Fontenlo, Cimadevila, Casa de Amil e Tarroeira), catro en Campaña (Devesa, Montiño, O Coto e pista en Campaña), outros catro en Cordeiro (Castiñeiras, Moldes-Vilarello, Areal-Outeiro e Forno), tamén catro en Xanza (Baño, Carballiño, Parafita e Louro-Senín) e dous en Setecoros (Outeiro e Casaldeirigo).

Trátase de estradas que se atopan en malas condicións para a circulación debido principalmente ao desgaste propio do seu uso e tamén polos arrastres como consecuencia das chuvias dos últimos invernos. Executaranse traballos de limpeza do firme e das marxes, con apertura de cunetas, e a posterior pavimentación con mistura bituminosa en quente de catro centímetros de espesor.

As empresas poden presentar ofertas para optar a este contrato ata o vindeiro 4 de marzo. Unha vez se asine o contrato, o adxudicatario contará cun prazo de 60 días para executar as obras.

Nestes momentos o Concello está a realizar obras de asfaltado noutras vinte e catro estradas municipais cun investimento de  383.154 euros.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver