Herramientas de Accesibilidad

A REDE DE SUMIDOIROS DA TARROEIRA, REGUENGO E AS CERNADAS AMPLÍASE CUN INVESTIMENTO DE 48.000 EUROS

- As obras fináncianse a través dun convenio entre o Concello e a Xunta de Galicia

- A actuación inclúe a instalación da tubaxe, a construción de pozos de rexistro e a reposición do firme

Saneamento1

Valga, 24 de novembro de 2026.

O Concello ten en marcha os traballos de ampliación da rede municipal de sumidoiros nos lugares de O Reguengo e As Cernadas, na parroquia de Setecoros, así como na Tarroeira (Valga). O proxecto conta cun orzamento de 48.399’36 euros, que se financian a través dun convenio coa Xunta de Galicia.

A intervención comprende a apertura de gabias, o tendido de tubaxe de PVC e a construción de pozos de rexistro para salvar os desniveis do terreo. Unha vez rematada a canalización, procederase ao recheo, compactado e á reposición completa do pavimento de asfalto e formigón afectado polas obras. 

Esta actuación busca eliminar pozos negros, fosas sépticas e verteduras incontroladas destas zonas, mellorando a salubridade, evitando focos de contaminación ambiental e garantindo este servizo básico tanto para vivendas existentes como para futuras edificacións.  

Saneamento2 Saneamento3