Aviso Legal
Concello de Valga – Información xurídica e protección de datos
1. Datos identificativos
Titular: Concello de Valga
NIF: P-36055600J
Domicilio: Avda. Coruña, 14 – 36645 – Valga (Pontevedra)
Correo electrónico: concello.valga@eidolocal.es
Sitio web: web.valga.gal
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, infórmase das condicións de uso e identificación do titular deste sitio web.
2. Finalidade do sitio web
A finalidade do sitio web www.valga.gal é exclusivamente informativa, ofrecendo contidos relacionados coa actividade municipal, servizos públicos e información de interese xeral para a cidadanía.
3. Protección de datos persoais
O tratamento dos datos de carácter persoal recollidos a través desta sede electrónica axústase aos principios e obrigacións establecidos na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e ao seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro.
A Sede Electrónica do Concello de Valga comprométese ao cumprimento do deber de segredo e á confidencialidade respecto dos datos persoais que poidan ser solicitados, adoptando as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
4. Finalidade do tratamento e cesión de datos
A recollida e tratamento automatizado dos datos persoais ten como única finalidade a prestación dos servizos solicitados polas persoas usuarias e o seguimento das consultas realizadas a través da sede electrónica. Os datos non se empregarán para outras finalidades nin serán cedidos a terceiros sen o consentimento da persoa interesada, salvo nos casos e coas condicións previstas na Lei Orgánica 15/1999.
Para a prestación dos servizos, os datos persoais necesarios están incluídos en ficheiros inscritos no rexistro da Axencia Española de Protección de Datos.
5. Exercicio de dereitos
As persoas usuarias poden exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición respecto dos seus datos persoais, solicitándoo á Dirección da Axencia Española de Protección de Datos por calquera medio que deixe constancia do envío e da recepción.
6. Medidas de seguridade
A Sede Electrónica do Concello de Valga mantén os niveis de protección esixidos polo Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999 e estableceu os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos persoais facilitados polas persoas usuarias.
GL
EN