RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA APROBANDO A LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, DATA DE CELEBRACIÓN PRIMEIRA PROBA E CORRECCIÓN ERROS BASES

por Resolución de Alcaldía núm. 0515 de data 22/11/2018, aprobouse definitivamente a lista de admitidos e excluídos da convocatoria en relación coas probas de selección de persoal da praza vacante de Funcionario Interino Técnico de Administración Xeral neste Municipio, a designación de membros do tribunal, a convocatoria para o primeiro exame e unha corrección de erros en relación a redacción da “Base SEXTA. SISTEMAS DE SELECCIÓN E DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS, do tenor literal seguinte:

Vista a Resolución de Alcaldía núm. 2018/454 de data 22/10/2018, na que se aprobaba a lista provisional de admitidos e excluídos da convocatoria en relación coas probas de selección de persoal da praza vacante de Funcionario Interino Técnico de Administración Xeral no persoal municipal.

Finalizado o prazo de presentación de reclamacións á lista provisional de aspirantes e examinadas as alegacións presentadas polos aspirantes excluídos da convocatoria.

De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía núm.2018-0297 de data 19/07/2018, e en virtude do artigo 233.3 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en relación co artigo 20 do Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado aprobado polo Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo; e o artigo 21.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local:

RESOLVO

PRIMEIRO. Estimar as alegacións presentadas por dona LAURA MEZQUIRIZ MIGUEL en relación co expediente de selección de Funcionario Interino Técnico de Administración Xeral neste Municipio en consecuencia, introducir no expediente as modificacións indicadas.

SEGUNDO. Aprobar de forma definitiva a seguinte relación de aspirantes admitidos e excluídos da convocatoria referenciada.

RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS

CHAPELA GALLEGO, MARÍA DOLORES 78735695W

ERMO SANCHES, DANIEL 76967010V

MEZQUIRIZ MIGUEL, LAURA 48113861T

PAZ GONZÁLEZ, SARA 35487142M

PIÑEIRO GONDAR, BEATRIZ 35458166D

SERANTES ÁLVAREZ, LUIS 35469862K

VARELA CARBALLUDE, EULALIA 44091036J

RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUÍDOS

MONTEAGUDO PEREIRA, FÁTIMA 76817689N

REBOREDO FRAGA, VANESSA 44823401N

RIVEIRO RODRÍGUEZ, MARÍA DEL PILAR 44087331B

TERCEIRO. A composición do Tribunal cualificador é a seguinte:

• Presidente: JOSÉ JUAN VIDAL VILANOVA

Suplente: LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN

• Secretario: JUAN MANUEL SALGUERO DEL VALLE

Suplente: MARÍA SIERRA RÍOS

• Vogal: MARÍA TERESA ESCUDERO BARRAL

Suplente: MARÍA DEL CARMEN MERINO MOÍNA

• Vogal: ANA BEATRIZ OVEJA VILLAFAÑE

Suplente: JOSÉ MARTÍNEZ DE LLANO Y OROSA

• Vogal: ROSA ANA GARCÍA FERNÁNDEZ

Suplente: RICARDO PERNAS ROMANÍ

CUARTO. A realización do primeiro exercicio comezará o día 13 de Decembro de 2018, ás 10:00 horas, en Auditorio Municipal (Ferreirós, 1A – Cordeiro), debendo portar os aspirantes a documentación acreditativa persoal.

O chamamento para posteriores exercicios farase mediante a publicación no taboleiro de edictos da Corporación e na páxina web do concello.

QUINTO. Publicar no taboleiro de anuncios e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra a lista definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos, aos efectos oportunos, así como a designación do tribunal e data de convocatoria para o primeiro exercicio. Así mesmo estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello (www. concello.valga.gal).

SEXTO. CORRECCIÓN DE ERROS

Advertido erro na convocatoria publicada no BOPPO nº 173 de setembro de 2018, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, corrixir o dito erro na “Base SEXTA. SISTEMAS DE SELECCIÓN E DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS”

Onde di:

“...Segundo exercicio.

De carácter práctico, consistente na resolución dun caso práctico, a elixir entre dous casos propostos polo Tribunal, durante un período de 120 minutos. O enunciado do suposto será proposto polo Tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio e versará sobre os contidos das materias comprendidas no temario da convocatoria.

Este exercicio constará dos dous apartados seguintes:

a) Consistirá en desenvolver por escrito 10 cuestións con resposta curta, relacionadas co enunciado do caso práctico elixido.

Esta parte do exercicio será cualificada de 0 a 10 puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de 5 puntos para superalo. Os aspirantes que non alcancen dita puntuación serán eliminados. O Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima. Todas as preguntas valoraranse coa mesma puntuación.

b) Cada aspirante deberá redactar un informe relativo ao suposto práctico elixido valorándose o estilo de redacción, a capacidade de síntese e os razoamentos empregados para chegar á resolución.

Esta parte do exercicio será cualificada de 0 a 10 puntos, sendo necesario alcanzar un mínimo de 5 puntos para superalo. Os aspirantes que non alcancen dita puntuación serán eliminados. O Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima.

Para a resolución utilizarase a aplicación MS Office.

A puntuación total deste exercicio será de 20 puntos. Os aspirantes que non alcancen as puntuacións mencionadas anteriormente nos dous apartados anteriores serán eliminados....“

Debe dicir:

“...Segundo exercicio.

De carácter práctico, consistente na resolución dun caso práctico, a elixir entre dous casos propostos polo Tribunal, durante un período de 120 minutos. O enunciado do suposto será proposto polo Tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio e versará sobre os contidos das materias comprendidas no temario da convocatoria.

Este exercicio constará dos dous apartados seguintes:

a) Consistirá en desenvolver por escrito 10 cuestións con resposta curta, relacionadas co enunciado do caso práctico elixido.

Esta parte do exercicio será cualificada de 0 a 20 puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de 10 puntos para superalo. Os aspirantes que non alcancen dita puntuación serán eliminados. O Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima. Todas as preguntas valoraranse coa mesma puntuación.

b) Cada aspirante deberá redactar un informe relativo ao suposto práctico elixido valorándose o estilo de redacción, a capacidade de síntese e os razoamentos empregados para chegar á resolución.

Esta parte do exercicio será cualificada de 0 a 20 puntos, sendo necesario alcanzar un mínimo de 10 puntos para superalo. Os aspirantes que non alcancen dita puntuación serán eliminados. O Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima.

Para a resolución utilizarase a aplicación MS Office.

A puntuación total deste exercicio será de 40 puntos. Os aspirantes que non alcancen as puntuacións mencionadas anteriormente nos dous apartados anteriores serán eliminados....”

O que se fai público, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria do proceso de selección e o artigo 20 do Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado aprobado por Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo.

Contra a presente Resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, ante o Alcalde deste Concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, se este radica en Galicia, no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor Vde. calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

Documento asinado electronicamente.

A Resolución de Alcaldía pode descargarse AQUÍ.

Volver