EXPEDIENTE DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO TEMPORAL DE ADMINISTRACIÓN XERAL

DESENVOLVEMENTO DO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN

Na Sala de Xuntas do Concello de Valga, sendo as 9:30 horas do día 22 de maio de 2019, reúnense as eseguintes persoas, todas elas membros do Tribunal encargado de valorar as probas selectivas para a contratación con carácter temporal dunha praza de técnico, por necesidades urxentes e inaprazables en tanto en canto non se cubre a praza de Técnico de Administración Xeral, vacante nesta Corporación, e todo isto de acordo coas bases aprobadas por Resolución de Alcaldía nº 2019/0146

- María José Devesa Barros, funcionaria do departamento de Intervención, por delegación de Juan José Vidal Vilanova, presidente do Tribunal.

- Juan Manuel Salguero del Valle, secretario do Tribunal.

- José Ramón Rial Becerra, vogal funcionario do Concello de Valga adscrito ao departamento de Secretaría.

De conformidade coas bases reguladoras da convocatoria da devandita praza, e previa convocatoria debidamente efectuada, procédese á realización e posterior avaliación do primeiro exercicio da fase de oposición, consistente en responder por escrito nun tempo máximo de 90 minutos un cuestionario tipo test de 75 preguntas, con catro respostas alternativas, sendo só unha delas correcta. Tamén haberá que responder 5 preguntas adicionais de reserva, que se valorarán no caso de que se anulen algunhas das 75 preguntas do cuestionario tipo test.

O cuestionario será determinado polo Tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba e deberá estar relacionado coas materias do temario da convocatoria.

O exercicio será cualificado de 0 a 15 puntos.

A puntuación cualcularase de acordo cos seguintes criterios:

- Por cada resposta correcta outorgarase 0,20 puntos

- Por cada resposta incorrecta descontaranse 0,05 puntos

- As respostas en branco ou nulas non puntúan

Os aspirantes poderán levar a copia da folla de respostas. O seguinte día hábil despois do exercicio publicarase o cadro de respostas correctas na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello de Valga.

Polo tribunal preséntanse dúas opcións, resultando elixida por sorteo a nº2.

Rematada a realización do exercicio procédese á súa valoración co seguinte resultado:

1. CRUCES GARCÍA, MARÍA JOSÉ ------------------------ 14,25 puntos

2. PAZ GONZÁLEZ, SARA ---------------------------------- 5,80 puntos

O Tribunal, tal como establecen as bases de convocatoria, acorda crear unha bolsa de emprego cos aspirantes relacionados pola orde establecida do fin de cubrir posibles baixas ou eventualidades, tales como renuncias, incompatibilidades etc.

Posteriormente, este Tribunal acorda o anuncio do resultado deste primeiro exercicio, xunto coa plantilla de corrección, a través da páxina web do Concello e do taboleiro de anuncios da Corporación.

Asemade, certifícase que as dúas aspirantes cumpren co requisito de estar en posesión do CELGA IV ou equivalente, polo que non é preciso realizar a proba de galego.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o Tribunal propón en consecuencia o nomeamento da aspirante Dna. MARÍA JOSÉ CRUCES GARCÍA, ao obter a máxima puntuación.

A aspirante proposta achegará ante a Administración, dentro do prazo de 20 días naturais desde que se publiquen as listas de aprobados, os documentos acreditativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria.

Se dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, non presentase a documentación ou da mesma se deducise que carece dalgún dos requisitos esixidos, non poderá ser nomeada, quedando anuladas todas as actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidese incorrer por falsidade nas súas solicitudes de participación.

Acta do exercicio da fase de oposición

Plantilla de corrección

Volver