RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

SELECCIÓN DUN FUNCIONARIO INTERINO DE ADMINISTRACIÓN XERAL

Visto o procedemento levado a cabo recentemente por este Concello para a selección dun funcionario interino de Administracidn Xeral.

Visto que a candidata proposta renunciou á toma de posesión da praza de referencia.

Acreditado que este Concello precisa a cobertura da citada praza con caracter urxente e inaprazable e que a Lei de Orzamentos Xerais do Estado permite o nomeamento sempre que se trate de sectores, funcions e categorias profesionais que se consideren prioritarios ou que afecten ao funcionamento dos servizos publicos esenciais, respectando en todo caso esta Administracion Local o procedemento previsto para este tipo de persoal pola normativa vixente en materia de función pública local.

Visto que o artigo 10 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, soamente establece que a selección de funcionarios interinos terá que realizarse mediante  procedementos áxiles que respectaran en todo caso os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, polo que a selección deste persoal está sometida aos mesmos principios que a dos funcionarios de carreira e laborais fixos, e o procedemento selectivo debera sersimilar, aínda que máis áxil que para seleccionar prazas ou postos permanentes.

CONSIDERANDO que a Constitución Espanola nos seus artigos 23.2 e 103.3 esixe o respecto aos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade en todos os procesos selectivos de acceso á función pública, polo que debe entenderse que a aínda de modo temporal, xa sexa baixo o réxime funcionarial ou laboral.

CONSIDERANDO que o artigo 55.2 TRLEBEP establece que «As Administracións Públicas, entidades e organismos aos que se refire o artigo 2 do presente Estatuto seleccionarán ao seu persoal funcionario e laboral mediante procedementos nos que se garantan os principios constitucionais antes expresados, asf como os establecidos a continuación:

a) Publicidade das convocatorias e das suas bases

CONSIDERANDO así mesmo, que a Disposición Adicional Primeira do Real Decreto 896/1991, do 7 de xuno, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos aos que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local, que previa convocatoria pública e con respecto, en todo caso, dos principios de mérito e capacidade, o Presidente da Corporación poderá efectuar nomeamentos de persoal funcionario interino para prazas vacantes sempre que non sexa posible, coa urxencia esixida golas circunstancias. a prestación do servizo nor funcionarios de carreira. Tales prazas deberán estar dotadas orzamentariamento e incluídas na oferta de emprego público, salvo cando se trate de vacantes realmente producidas con posterioridade á aprobación desta.

CONSIDERNADO que o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público certamente non establece nin desenvolve os procedementos de selección de funcionarios interinos, pero si obriga a que estes sexan seleccionados mediante procedementos áxiles, a condición de que se respecten os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade (artigo 10.2) e que dita previsión atopa o seu fundamento na propia causa que xustifica o nomeamento de funcionarios interinos, que non é outra que a necesidade e urxencia que ten a Administración en cubrir postos con persoal que desempeñe funcións propias de funcionarios de carreira (artigo 10 TRLEBEP), polo que o proceso de selección non pode demorarse no
tempo.

CONSIDERANDO que o apartado quinto do devandito artigo corrobora dita circunstancia ao dispoñer que aos funcionarios interinos seralles aplicable, en canto sexa adecuado á natureza da sua condición, o réxime xeral dos funcionarios de carreira, deducíndose diso un tratamento similar pero non idéntico que a estes últimos, por canto non lles resultarán de aplicación ou, polo menos, non co mesmo rigor, todas aquelas normas que non permitan unha rápida selección do devandito persoal e que desde ete punto de vista poderá estar lexitimado efectuar unha publicación da convocatoria que non fora nos Boletíns Oficiais, unha diminución dos prazos previstos no procedemento ou mesmo unha reducción do temario mínimo obxecto de oposición, máxime cando esta entidade local non conta con bolsa creada para o posto de traballo en cuestión.

Por medio da presente:

RESOLVO

Primeiro: Que se abra un novo período de presentación de instancias por un período mínimo de tres días a contar desde a publicación do correspondente anuncio no taboleiro de anuncios da Corporación e nun xornal dos de máxima difusión na provincia para xeral coñecemento de cantos estivesen interesados en participar na selección dun funcionario interino e con carácter urxente e inaprazable mentras se abre un novo proceso selectivo para a cobertura da citada vacante de forma temporal (interina) e en tanto permanecen as razóns de urxencia que o motivaron, é dicir, mediante procedementos áxiles que respectarán en todo caso os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, necesarios para a creación dunha bolsa de traballo, concurso de méritos ou concurso oposición de carácter interino, de natureza funcionarial.

Segundo: Aprobar as bases recollidas no Anexo I desta resolución para a selección temporal mentras non se abre un novo proceso selectivo para a cobertura da citada vacante de forma interina.

Terceiro: Xustificar o nomeamento polo seu carácter de excepcionalidade e de urxencia e imposibilidade de adiamento, xa que a función a realizar se trata dun dos servizos obrigatorios contemplados no artigo 26 e 86.3 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local que, por outra banda, deba cualificarse de prioritaria, cando é precisa a conxunción dunha situación de "necesidade", "urxente" e "inaprazable" e de que esta se dá efectivamente no ámbito dun "sector, función e categoría funcional prioritario" ou no dun "servizo público esencial".

Cuarto: Que da presente resolución déase conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión ordinaria que este celebre, de acordo co disposto no artigo 42 do Real Decreto 2568/86, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais.

O alcalde-presidente

José María Bello Maneiro

Resolución da Alcaldía

Anexo I - Bases

Anexo II - Folla de solicitude

 

Volver