AXUDAS PARA MATERIAL E TRANSPORTE ESCOLAR

A Xunta de Goberno Local aprobou a convocatoria para a concesión das axudas para material e transporte escolar, coas que o Concello trata de favorecer a escolarización en centros públicos e a formación superior nas familias con menos recursos económicos. As subvencións poderán solicitarse a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da provincia (BOP) e o prazo rematará o 31 de outubro.

As axudas para material escolar teñen como beneficiario ao alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil de todos os centros públicos do municipio (colexio de Baño e Centro Rural Agrupado), mentras que as de transporte diríxense a estudantes de Bacharelato, FP, ensinanzas artísticas superiores, universitarios e alumnado con necesidades educativas especiais.

Para solicitalas é preciso cumplir os seguintes requisitos:

   - Que a renda per cápita familiar non supere o límite de 6.000 euros.

   - Estar empadroado en Valga e ser fillo dependente económicamente (menor de 25 anos, que conviva no domicilio familiar e que non teña contrato de traballo ou percibira algún tipo de recurso en 2018, excepto bolsas).

O Concello ten reservada nos orzamentos unha partida de 8.000 para as axudas ao transporte e outra de 4.000 euros para o material escolar. O importe máximo das subvencións calcularase en función da renda per cápita e, no caso do transporte, da distancia do centro educativo en quilómetros.

As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado (pais, nais ou titores). No caso de alumnos de entre 18 e 25 anos poderán facelo tamén os propios beneficiarios. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello en horario de 8:30 a 14:30 ou a través da sede electrónica. É preciso aportar o impreso debidamente cuberto (pode descargarse premendo AQUÍ ou solicitarse nas oficinas municipais) xunto coa seguinte documentación:

   - Fotocopia do DNI do solicitante.

   - Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

   - Fotocopia da declaración da renda de 2018 dos pais ou titores legais

   - Facturas orixinais ou, no seu caso, certificado selado expedido polo centro educativo que acredite o gasto en material escolar ou libros para o alumnado de Infantil.

   - Certificado da matrícula expedido polo centro educativo ou resgardo de ter pagada a matrícula selado pola entidade bancaria para o alumnado de Bacharelato, FP, Universidade, ensinanzas artísticas superiores e alumnado con necesidades educativas especiais.

   - Declaración responsable de encontrarse ao corrente das obrigas tributarias e da Seguridade Social e de non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións públicas (descargar impreso AQUÍ).

Outra documentación complementaria que tamén pode aportarse:

   - Certificado que acredite o grao de minusvalía ou incapacidade igual ou superior ao 33% de algún membro da unidade familiar.

   - Certificado que acredite a situación de desemprego por un período superior a 6 meses durante 2019 dalgún membro da unidade familiar.

   - Documentación acreditativa da situación de familia monoparental ou de ausencia de ambos proxenitores.

   - Título de familia numerosa

boton cemit

Volver