O CENTRO DE ENSINANZAS SUPERIORES DE MÚSICA TEN ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS PROBAS DE ACCESO

O Centro de Ensinanzas Superiores de Música de Valga (CSM Galicia) ten xa aberto o período de inscrición de alumnado para a realización das probas de acceso para o curso 2019/2020. Ás primeiras vinte persoas que o realicen, este trámite sairalles gratis, permanecendo aberto o prazo ata o vindeiro 6 de setembro.

O formulario de inscrición pode descargarse AQUÍ ou a través da páxina web do centro (www.csmgalicia.com). Unha vez cuberto, o impreso e a documentación correspondente deben enviarse mediante correo electrónico á dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A relación provisional de alumnos admitidos nas probas de acceso farase pública o día 9 de setembro. A data de realización das probas está aínda pendente de confirmación.

Tamén é posible solicitar o traslado do expediente académico ao novo Centro de Ensinanzas Superiores de Música. Para isto, debe seguirse o mesmo procedemento: descargar AQUÍ (ou en www.csmgalicia.com) o correspondente formulario e envíalo por e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Para o curso 2019/2020 aceptaranse todas as solicitudes nos cursos 2º, 3º e 4º de todas as especialidades.

O centro, con sede no Auditorio Municipal, ofertará na súa primeira etapa un máximo de 120 prazas e o claustro de profesores estará formado por unha trintena de pedagogos de prestixio internacional, dirixido por Manuel Villar e codirixido por Pere Molina. Impartiranse todas as especialidades musicais divididas en seis departamentos: Pedagoxía, Dirección, Composición, Producción e xestión de eventos, Musicoloxía e Interpretación. No caso da Dirección, actualmente esta titulación só se pode acadar no Conservatorio da Coruña, polo que o de Valga será o segundo de toda Galicia que a oferte. Tamén se impartirán música popular, moderna e antiga.

O Centro de Ensinanzas Superiores de Música de Valga conta co visto bo da Consellería de Educación da Xunta. O informe favorable emitido pola administración autonómica publicarase nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia. Coa posta en marcha deste centro Valga equipárase, no que a ensinanzas musicais se refire, ás grandes cidades de Galicia, A Coruña e Vigo, as únicas da comunidade que ata o de agora ofertaban estudos superiores de música.

boton cemit

Volver