VI RUTA-CONCURSO "TAPA Á ANGUÍA"

A sexta edición da Ruta-Concurso “Tapa á Anguía” contará coa participación de dez establecementos de hostalería de Valga.

Os bares e restaurantes inscritos e as tapas que ofrecerán son: Café-Bar Couceiro con “Anguía á brasa con salsa verde”, Bar Juan coa tradicional “Empanada de anguía”, Café-Bar Potel con “Anguía ao estilo Potel”, Cafetería Auditorio con “Ópera anguía”, Pastelería Caprichos con “Anguía na tella”, Bar Maneiro e a súa “Anguía ao estilo Maneiro”, Bar Alba cun “Rolo de Anguía”, Café-Bar Pontellón coa “Anguía ao estilo Pontellón”, Bar Pardal con “Tapa Pardal” e Corona de Galicia e a súa “Anguía La Fabulosa”.

Os establecementos servirán as tapas aos seus clientes de xeito gratuíto coas consumicións os días 24 e 25 de agosto, durante os que se desenvolverá o concurso, e tamén o 31 de agosto, a modo de degustación con motivo da xornada grande da XXIX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. Será o Concello o que lles facilite a anguía xa limpa para que os cociñeiros poidan preparar as receitas.

Entre as persoas que acudan a degustar as tapas e participen na elección da mellor, sortearanse dez vales de compra de 30 euros para gastar no comercio local.

A votación popular terá un peso do 50% na elección da tapa gañadora, mentras que o outro 50% recaerá sobre nun xurado designado pola Concellería de Cultura. O bar que elabore a mellor receita recibirá o Mandil de Ouro e o segundo e terceiro clasificados, os mandís de Prata e Bronce.

TAPAS LOCAIS 2019

Volver