Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Celébrase este venres durante todo o día na Praza Manuel Vicente Cousiño e no Edificio de Usos Administrativos

- Haberá puntos de intercambio de roupa e obxectos usados, obradoiros e mesas informativas

LOGOFAIQUEVALGA

Valga, 11 de novembro 2025.

Con motivo da campaña sobre reciclaxe de téxtiles e aceite doméstico usado que o Concello desenvolveu durante as últimas semanas para concienciar sobre a importancia de separar estes dous tipos de residuos, Valga celebra o gran día da reciclaxe.

Terá lugar este venres, día 14, de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas na Praza Manuel Vicente Cousiño e no Edificio de Usos Administrativos cunha chea de actividades sobre reciclaxe.

  • Percheiro de intercambio de roupa. Trae cinco prendas ou accesorios (camistas, vestidos, roupa infantil, bolsos, chaquetas, cinturóns...) que estean en bo estado, lavados e pranchados e que creas que lle poden gustar a outras persoas para o intercambio. Renova o teu armario sen gastar un euro e sen xerar residuos.
  • Obradoiro de estampación de camisas e camisetas usadas (de 17:00 a 20:00 horas). Dalle unha nova vida ás túas prendas mediante a técnica da estampación.
  • Zona de troco de obxectos usados.Trae obxectos que non uses (xoguetes, pequenos electrodomésticos, ferramentas, artigos decorativos...) e cámbiaos por outros dos que teñamos na zona de trocos.
  • Mesa de concienciación sobre aceites usados de cociña. Con mostras dos produtos que poden facerse reciclando aceite doméstico usados (xabóns, biodiesel...) e información sobre a problemática dunha mala xestión.
  • Reparto de embudos á cidadanía para facilitar a reciclaxe de aceite doméstico usado.
  • Mesa de concienciación sobre reciclaxe de téxtiles. Con mostras e ideas do que se pode facer para que estes residuos non acaben no contedor do lixo.
  • Mesa de compostaxe e biotrituración. Con información sobre a elaboración de compost a partir de residuos orgánicos. Con mostras de abono, estruturantes, té de compost... Falaremos sobre a vermicompostaxe e faremos exhibicións dunha biotrituradora.
  • Reparto de imáns con información sobre a correcta separación dos distintos tipos de residuos.

 Día da Reciclaxe

Volver