- As entradas para presenciar a competición teñen un prezo de 15 euros

- Entregaranse bolsas aos deportistas galegos que fixeron podio en campionatos nacionais oficiais

culturismo

Valga, 25 de abril de 2018.

O Auditorio Municipal será escenario este sábado da XXXIII edición do Campionato Galego de Fisicoculturismo e Fitness, organizado pola Federación Galega. As entradas teñen un prezo de 15 euros.

A primeira hora da mañá terá lugar a pesaxe dos atletas e a competición comezará arredor das 12 horas coas categorías Mens Physique, Mens Short e Bikini- Body Fitness. Logo dun parón ao mediodía, o campionato retomarase a partir das 17 horas, cando entrarán en concurso os deportistas das categorías Novel, Principiantes e Classic Culturismo.

A organización tamén prevé que poida disputarse a categoría Wellness, que se introduciu en competición no último Campionato de España, pero sempre e cando haxa tres ou máis atletas inscritos.

A xornada deportiva pecharase coa disputa do III Open Champions Sport, que repartirá 600 euros en premios.

A Federación Galega aproveitará a disputa do Campionato para entregar 550 euros en bolsas aos deportistas galegos que fixeron podio nas competicións nacionais oficiais (Campionato de España e Copa de España).

Os atletas galardoados son: Raquel Arranz (campioa de España de Bodyfitness), Verónica Bastos (campioa da Copa de España de Bikini), Sara Rodríguez (campioa de España junior de Bodyfitness), Jose Miguel Lopez (campión de España de culturismo), Jonathan Moreno (prata na Copa de España de Classic), Carlos Blanco (bronce no Campionato de España de culturismo), Carlos Bermúdez (bronce na Copa de España Classic Master) e Juan C. Costa (bronce na Copa de España Culturismo Master).

culturismo

boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton bandos

boton youtube largo

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver