Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade, dirixida a todos os públicos, terá lugar o 6 de maio a partir das 21:30 horas

- As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 646 956 915 e 608 986 375

MinaMercedes

Valga, 22 de abril de 2022.

A Unidade de Prevención das Condutas Adictivas ofrece unha nova actividade dirixida aos valgueses, unha andaina que terá lugar o vindeiro 6 de maio e que se celebrará en horario nocturno, a  partir das 21:30 horas.

A ruta, denominada “A Mina Mercedes”, terá como punto de partida esta antiga mina de extracción de arxila e o percorrido, que será circular e de dificultade baixa, terá uns 7’5 quilómetros de lonxitude. A actividade está aberta a todos os públicos, aínda que ten prazas limitadas.

As persoas que queiran participar poden inscribirse ata o 3 de maio nos teléfonos 646 956 915 e 608 986 375. Tamén está dispoñible a inscrición telemática a través da ligazón https://forms.gle/3jNJhVxhRbux3Lsh9.

Os participantes deberán levar obrigatoriamente lanterna e chaleco reflector.

Ademais, a Unidade de Prevención tamén organiza para comezos de maio en Valga un obradoiro sobre a xestión das emocións. Será o día 5 a partir das 17:00 horas no Auditorio Municipal e o prazo de inscrición remata hoxe.

Nesta actividade formativa os participantes coñecerán métodos para controlar o estrés e a ansiedade e para lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio vital (xubilación, enfermidade, dolo...).

A Unidade de Prevención das Condutas Adictivas é unha iniciativa na que colaboran os concellos de Valga, Padrón, Rois e Dodro co obxectivo de promover os hábitos de vida saudables e concienciar sobre as consecuencias do consumo de drogas.

andainamina

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver