Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- É o único concello da provincia en participar neste proxecto de xestión sostible de residuos apoiado pola Comisión Europea

- Informarase na radio sobre a correcta separación do lixo e instalaranse novos composteiros no IES e na Escola Infantil

WEBINAR RESIDUOS

Valga, 19 de novembro de 2021.

Valga será o único concello da provincia de Pontevedra que a partir de mañá e ata o 28 de novembro participe na Semana Europea de Prevención de Residuos, un proxecto auspiciado pola Comisión Europea nacido no ano 2009 co obxectivo de promover a realización en toda Europa de diferentes accións sobre prevención e xestión sostible de residuos.

Estas accións deben estar enfocadas nas denominadas “3Rs”: redución de residuos, reutilización de produtos e reciclaxe de materiais. Neste ano a organización elixiu como fío condutor das actividades as comunidades circulares. A economía circular é un modelo de produción e consumo que implica compartir, renovar, reparar, reutilizar e reciclar materiais e produtos existentes todas as veces que sexa posible para alongar o seu ciclo de vida.

Partindo desta temática, unha das actividades que se levarán a cabo en Valga durante esta Semana Europea será a instalación de novos composteiros nos centros educativos do municipio, en concreto no IES de Valga e na Escola Infantil, que se sumarán así aos colexios Baño-Xanza e Ferro Couselo e ao CRA de Valga. Deste xeito, a comunidade educativa valguesa converterase nunha comunidade circular na que todos os residuos orgánicos se xestionan mediante a compostaxe. A estrea destes composteiros terá lugar o xoves, 25 de novembro.

Ademais, durante toda a semana realizarase a través da radio municipal a campaña divulgativa “Cada residuo no seu contedor”. Os mestres composteiros explicarán aos oíntes como separar correctamente os residuos domésticos, indicándolles que materiais deben depositarse en cada colector e resolvendo as dúbidas que poidan plantexarse, para así mellorar a separación e a reciclaxe dos residuos xerados nos fogares de Valga. Esta campaña desenvolverase en catro xornadas: luns, martes, xoves e venres ás 12:30 horas.

PrevenciónResiduos

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver