Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Diríxense á hostalería, comercio, axencias de viaxes, ximnasios e outros servizos que tiveran que pechar a súa actividade ou sufriran unha baixada na facturación

- O prazo para solicitalas será de 15 días naturais unha vez se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia

 

Valga, 4 de decembro de 2021.

O Concello ven de facer públicas as bases que rexerán a concesión dunha nova remesa de axudas a sectores afectados pola pandemia da Covid-19, coma a hostelería, o comercio, axencias de viaxes, ximnasios, servizos ou similares.

Poden optar a estas axudas autónomos e pequenas e medianas empresas con ata 10 persoas empregadas dos sectores xa citados. Os requisitos que deben cumprir son:

  • Que a actividade estivese pechada nalgún momento entre o 14 de marzo de 2020 e o 31 de maio de 2021 debido ás medidas de protección fronte á Covid.
  • Que a actividade non estivera obrigada ao peche pero que tivese unha baixada de facturación de, alomenos, o 35%.
  • Que a actividade económica se exerza no concello de Valga, estando o domicilio social e fiscal no termo municipal.

Segundo as bases, considéranse subvencionables os seguintes gastos relacionados coa actividade da empresa: alugueres, subministración (luz, auga, electricidade...), seguros de responsabilidade civil e accidentes, compra de mercadorías relacionadas coa actividade, gastos derivados dos salarios do persoal, gastos financeiros directamente relacionados coa actividade, gastos de protección sanitaria fronte á Covid-19 ou a compra de medidores de CO2.

A contía total das axudas será de 17.109’35 euros, aportados a través do Plan Concellos pola Deputación provincial.

As bases poden consultarse na Sede Electrónica do Concello ou na páxina web municipal (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes). O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días naturais que comezarán a contar ao día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

A finalidade destas subvencións é seguir contribuíndo ao mantemento da actividade económica, o emprego e a competitividade dos sectores afectados, para que poidan seguir facendo fronte ás consecuencias da pandemia, especialmente a aquelas relacionadas coa paralización da actividade e a forte diminución da facturación debido á aplicación de medidas restritivas.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver