Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Foron doados polas familias do alumnado e veciños das diferentes aldeas nas que se atopan as escolas

- Os alumnos saíron a cantar panxoliñas para animar á xente a colaborar con esta iniciativa

NadalSolidario1

Valga, 21 de decembro de 2021.

O CRA de Valga, representado na figura do seu director, Adrián Baloira, fixo entrega esta mañá no Concello de máis de media tonelada de alimentos e produtos de hixiene que foron recadados no marco da iniciativa “Nadal Solidario”, posta en marcha polo centro educativo co obxectivo de colaborar coas familias máis desfavorecidas do municipio nestas datas tan especiais.

Os produtos foron doados polas familias do alumnado das escolas do CRA e tamén por moitos veciños das aldeas nas que se atopan: Campaña, Vilarello, Forno, Ferreirós, Xanza e Chenlo. Os alumnos saíron onte pola mañá a cantar panxoliñas pola contorna das súas respectivas escolas para divulgar esta acción benéfica e animar á xente a participar nela. A resposta da xente superou todas as expectativas e, en apenas dous días, xuntáronse máis de 500 quilos de alimentos: pasta, legumes, aceite, leite, turrón e outras lambetadas, galletas, conservas, cereais, azucre, produtos de hixiene...

O acto de entrega tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos, onde se xuntaron os produtos depositados nas seis escolas do CRA. Asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros de Educación e Cultura, Carmen Gómez e Pedro Calvo. O rexedor amosouse sorprendido pola enorme cantidade de alimentos doados pola comunidade educativa e polos veciños, aos que agradeceu a súa solidariedade e vontade de colaborar coas persoas que máis o necesitan.

Todos estes produtos serán agora clasificados polo departamento municipal de Servizos Sociais para a súa entrega ás familias de Valga sen recursos, en situación ou risco de exclusión.

NadalSolidario2 NadalSolidario3

NadalSolidario4 NadalSolidario5

NadalSolidario6

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver