- O rexedor e a concelleira Carmen Gómez mantiveron unha xuntanza co sindicalista Antón Conde Freire

- Mellorar os servizos ferroviarios para a poboación local a través do Eixo Atlántico foi o tema central do encontro

ReuniónApeadero1

Valga, 18 de novembro de 2021.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez, mantiveron esta mañá unha xuntanza na Casa do Concello cun representante do sector ferroviario de Comisións Obreiras para abordar a situación dos servizos ferroviarios no Eixo Atlántico e estudar proxectos e iniciativas que poidan melloralos, tanto a nivel autonómico coma municipal.

Á reunión asistiu o secretario xeral do sector ferroviario Renfe-Adif de CCOO en Pontevedra, Antón Conde Freire, que está a manter unha ronda de contactos cos alcaldes dos municipios polos que discorre a liña atlántica para tratar cuestións relativas aos servizos ferroviarios de proximidade e a súa conexión cos trens de longa e media distancia do Eixo Atlántico e Portugal, co obxectivo de atender as necesidades de mobilidade da poboación.

Este plan integral de necesidades de transporte que está a elaborar o sindicato en coordinación cos concellos afectados, a Xunta de Galicia e o Goberno Central propón desenvolver un modelo de servizos ferroviarios baseado nunha rede de cercanías que ofreza servizos económicos e frecuencias eficaces. No caso de Valga, o alcalde e a concelleira presentaron a Conde Freire o proxecto de construción dun apeadoiro para dar servizo á poboación valguesa, que na actualidade se ve obrigada a desprazarse a outras localidades para facer uso do tren a pesar de que a vía atravesa o noso municipio. Esta é unha vella demanda do Concello que aparece recollida nun procotolo do Ministerio de Fomento dende o ano 2016. Tamén se plantexa a creación dun porto loxístico para dar servizo de carga e descarga ás importantes empresas asentadas en Valga, especialmente do sector do metal, que terían deste xeito unha conexión directa co Porto de Vilagarcía.

Nesta ronda de reunións, CCOO tamén está a abordar medidas para a rehabilitación das estacións da liña, melloras na información de horarios dos trens de paso e outros medios de transporte, adaptacións para asegurar a accesibilidade das persoas e espazos de estacionamento con dispositivos para a recarga de vehículos eléctricos, entre eles as bicicletas. O obxectivo é acadar un consenso entre todas as administracións implicadas para favorecer a mellora dos servizos ferroviarios e, a través deles, o progreso social e económico dos concellos. Con esta finalidade, representantes do sindicato mantiveron recentemente unha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para plantexarlles as súas propostas.

O alcalde e o representante de Comisións Obreiras fixeron unha visita á zona na que se emprazaría o apeadoiro demandado polo Concello e acordaron manter novos contactos para seguir avanzando neste proxecto.

“Nos últimos tempos políticos de todas as cores apelan á necesidade de fixar poboación no rural. Esta sería unha excelente forma de facelo, permitindo que a poboación de Valga poida estar conectada a través dunha liña de cercanías –con horarios e frecuencias axeitadas– aos servizos ferroviarios de alta velocidade que se están a poñer en marcha e ofrecendo unha alternativa de mobilidade a estudantes que teñen que desprazarse ás cidades galegas e aos centos de empregados que a diario se trasladan a Valga dende múltiples lugares de Galicia para traballar nas nosas empresas”, afirma Bello Maneiro. “Potenciar o tren de cercanías é necesario e beneficioso para a poboación rural e por iso dende o Concello levamos tempo apoiando todas as iniciativas que axuden a mellorar este servizo e demandando que Valga poida contar con servizo directo de tren para os seus veciños e as súas empresas a través dun apeadoiro”, insiste o rexedor.

ReuniónApeadero2

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

Boton Obradoiro

boton tempo

Volver