Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata o día 24 de febreiro

Haberá un premios para os mellores disfraces e un galardón especial para o que reciba máis “likes” nas redes sociais

 Entroido22Webb

Valga, 11 de febreiro de 2022.

A situación sanitaria e a imprevisible evolución da mesma que pode producirse ata as datas de Entroido motivaron que o Concello, por segundo ano consecutivo, decidise realizar o concurso de disfraces en formato virtual.

O certame repartirá 1.430 euros en premios nas categorías Infantil (de 0 a 14 anos) e Adultos (a partir de 15 anos), nas que se pode participar individualmente, por parellas ou en grupos. Ademais, establécense dúas categorías especiais (o mellor disfrace do concello e a mellor vestimenta de mulleres representativas da historia), así como un premio ao participante que reciba máis “likes” nas redes sociais oficiais do Concello de Valga.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 24 de febreiro ata as 15:00 horas. Os participantes deben cubrir a folla de inscrición e enviala ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. xunto cunha fotografía ou pequeno vídeo do disfrace. En cada ficha debe figurar o nome do disfrace, as categorías ás que se presenta (unha xeral e, de ser o caso, algunha das especiais), nome e apelidos de todos os participantes, DNI, enderezo e teléfono de contacto. En caso de ser menores, deberá constar tamén o nome e apelidos e sinatura dos pais ou titores.

O material audiovisual recibido, con todas as fotos e vídeos dos participantes, subirase ás redes sociais do Concello (Facebook e Instagram) e durante os días 26 e 27 de febreiro todos os internautas poderán votar polos seus disfraces favoritos.

Os premios correspondentes a cada categoría serán os seguintes:

Infantil Individual:

               - 1º Premio: 50 euros

               - 2º Premio: 40 euros

               - 3º Premio: 30 euros

               - 4º Premio: 20 euros

Infantil Parellas:

               - 1º Premio: 70 euros

               - 2º Premio: 60 euros

               - 3º Premio: 50 euros

               - 4º Premio: 40 euros

Infantil Grupos

               - 1º Premio: 90 euros

               - 2º Premio: 50 euros

Adultos Individual:

               - 1º Premio: 80 euros

               - 2º Premio: 70 euros

               - 3º Premio: 50 euros

               - 4º Premio: 40 euros

Adultos Parellas:

               - 1º Premio: 100 euros

               - 2º Premio: 80 euros

               - 3º Premio: 60 euros

               - 4º Premio: 40 euros

Adultos Grupos:

               - 1º Premio: 100 euros

               - 2º Premio: 60 euros

Mellor disfrace do concello (só poden inscribirse persoas empadroadas en Valga): 100 euros

Mellor disfrace de mulleres representativas da historia: 100 euros

Disfrace con máis “likes”: 50 euros

O xurado estará composto polo concelleiro de Cultura, a concelleira de Turismo e Novas Tecnoloxías, e representantes de distintas asociacións do Concello. Os premios entregaranse en vales de compra que poderán utilizarse no comercio local e terán validez durante todo o ano 2022.

Folla de inscrición

CartelEntroido22

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver