Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- En Vilarello repúxose parte do piso que estaba danado e en Campaña substituirase toda a tarima

- O colexio de Baño tamén foi obxecto de actuacións este verán por parte da Xunta

ObraFerreirós

Valga, 8 de setembro de 2021.

A escola de Ferreirós, que forma parte do Centro Rural Agrupado (CRA) de Valga está sendo obxecto dunha actuación de rehabilitación integral no seu interior co obxectivo de mellorar as instalacións das que dispón o alumnado e favorecer o desenvolvemento da actividade docente.

Os traballos son financiados polo Concello. Comezaron nas últimas semanas e incluíron o picado das paredes, a colocación dun novo cableado eléctrico e a renovación da división entre as dúas aulas que integran o inmoble. Ademais, estase a renovar a tarima nunha aula e, na outra, retirarase a vella plaqueta do piso para substituíla tamén por tarima. O proxecto contempla o acondicionamento dos baños e, por último, realizarase unha actuación no exterior para mellorar a drenaxe e evitar humidades que afecten ao edificio.

As obras prolongaranse aínda durante unhas xornadas, polo que nestas primeiras semanas de curso o alumnado deste centro recibirá clase na escola do Forno, tamén integrada no CRA, tal e como se lles informou ás familias.

Tamén están e marcha actuacións noutras escolas de Valga. En Vilarello cambiouse parte do piso dunha aula que estaba danado pola polilla. E en Campaña, onde se detectou o mesmo problema, vaise a repoñer todo o chan instalando outro tipo de material resistente a estes insectos.

ObraFerreirós2 ObraFerreirós3

tarimaVilarello

Novo espazo cuberto no colexio de Baño

Ademais, o colexio de Baño tamén foi obxecto de diversas actuacións de mellora durante o verán, neste caso financiadas pola Consellería de Educación. Creouse un novo espazo cuberto de circulación aproveitando un patio interior que estaba inutilizado fronte á entrada principal. Deste xeito, favorecerase a circulación interna de persoas e evitará que o alumnado invada os espazos máis privados do profesorado e persoal do colexio (despachos, sala de profesores, etc.), polos que tiñan que pasar obrigatoriamente ata agora xa que era o único corredor existente que conectaba a parte anterior e posterior do edificio de Educación Primaria.

Tamén se ampliou a porta principal do colexio e repúxose a varanda da rampla de acceso dende o patio cuberto, que se atopaba deteriorada. Colocouse unha nova de aceiro inoxidable, 1’10 metros de altura e dobre pasamáns. Por último, mellorarase o pavimento de varias aulas mediante a colocación de tarima.

A Consellería ten prevista, así mesmo, outra obra no colexio Xesús Ferro Couselo, consistente na mellora do pavimento da pista cuberta e do patio exterior. A actuación xa foi licitada e está pendente da súa adxudicación a unha empresa.

BañoObra3 BañoObra1

BañoObra3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver