Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As obras inclúen a ampliación das beirarrúas e creación de prazas de estacionamento na estrada que dá acceso ao Carballiño dende a PO-548

- Realizarase un investimento de case 120.000 euros, cunha subvención da Consellería de Economía e Empresa

CarreteraCarballiño1

Valga, 2 de agosto de 2021.

O Concello levará a cabo unha nova fase de mellora das infraestruturas viarias na área empresarial de Campaña, o maior asentamento industrial do municipio con seis grandes empresas nas que traballan máis dun milleiro de persoas.

As obras acaban de saír a licitación por un importe de 119.950’12 euros, estando aberto o prazo de presentación de ofertas ata o día 17 de agosto. Serán cofinanciadas entre o Concello e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que aprobou unha subvención ao abeiro dunha orde para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais de Galicia.

O proxecto recolle traballos de ampliación e humanización do vial que dá acceso ao núcleo do Carballiño dende a estrada PO-548. Ensancharase a plataforma para permitir a dotación de novas beirarrúas pola marxe máis próxima á Mina Porto Piñeiro, onde tamén se habilitarán novas prazas para o estacionamento de vehículos. As melloras tamén afectarán á outra marxe da estrada, coa continuación das beirarrúas aproximadamente ata a altura da empresa Intavalsa. Neste tramo, no que existen varias vivendas, instalaranse ademais canalizacións de saneamento, abastecemento e recollida de augas pluviais.

O obxectivo é ofrecer un mellor servizo aos peóns e vehículos á hora de acceder e circular por esta vía, facilitando o desenrolo da actividade empresarial.

A área industrial de Campaña está experimentando un aumento na superficie das empresas, no volume de mercadorías que moven e no persoal que desenvolve alí súa actividade profesional. Por iso resulta necesario adecuar as infraestruturas viarias á realidade actual, para garantir un bo discorrer da circulación para o persoal e o transporte.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver